Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  Alcaldes e concelleiros do PP de toda a provincia rexeitan a expropiación dos remanentes que ordena o Goberno de Sánchez

Imprimir ppou - 10-Septembro-2020 - 11:12:06 


• Os representantes municipais populares quixeron trasladar aos seus veciños e veciñas a enorme inxustiza que supón o decreto de cesión do diñeiro aforrado polos concellos, pois lles impide facer o seu traballo que non é outro que ofrecer servizos dignos e de calidade e atender as necesidades dos seus habitantes. 

9, setembro, 2020.

Os alcaldes e concelleiros do Partido Popular de toda a provincia de Ourense deixaron hoxe constancia da súa negativa á expropiación dos remanentes dos seus concellos que pretende levar a cabo o Goberno de Sánchez, apropiándose así do diñeiro de toda a veciñanza e rachando co principio de autonomía local para investir estes cartos nas necesidades máis importantes de cada concello.

  
  
Os representantes municipais populares escenificaron a súa protesta con concentracións diante das casas consistoriais, amosando un cartel co lema “O meu concello non se expropia”, iniciativa que tamén levaron ás redes sociais. Unha acción que se produce a escasas horas doutra concentración, desta volta en Madrid, na que ademais dos representantes do PP nas entidades locais tamén participarán cargos municipais de toda España pertencentes a outras dez formacións políticas. O acto terá lugar diante do Congreso dos Deputados, onde tamén mañá se someterá á convalidación da cámara baixa o real decreto lei de cesión dos remanentes.

Os alcaldes, portavoces e concelleiros populares ourensán quixeron trasladar aos seus veciños e veciñas a enorme inxustiza que supón este decreto, pois lles impide facer o seu traballo que non é outro que ofrecer servizos dignos e de calidade e atender as necesidades dos habitantes dos seus concellos.

Con esta acción conxunta tamén quixeron poñer de manifesto a delicada posición na que se sitúa o PSOE e o Goberno de Sánchez, que están absolutamente sós logo de arremeter contra as administracións máis próximas ao cidadán. Os socialistas, que racharon coa unanimidade que sempre presidiu a FEMP, están dando a elixir entre o benestar da veciñanza e a política partidista, e fronte a elo o PP sempre estará coas persoas, pois os remanentes 
os precisan todos os veciños sin distinción de cores políticos.
  
  














  
  

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: