Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP de Ourense anuncia a incorporación de Xosé Miguel Pérez Blecua ao proxecto político máis importante da historia de Ourense

Imprimir ppou - 26-Agosto-2020 - 16:06:29 


26, agosto, 2020

Manuel Baltar , Presidente do PP de Ourense, avalou hoxe a afiliación de Xosé Miguel Pérez Blecua, á forza política máis importante da Historia de Ourense. Xosé Miguel Pérez Blecua, Alcalde de San Xoán de Río, enxeñeiro de telecomunicacións, incorpórase dende hoxe á militancia no PP de Ourense. Nun sinxelo acto –cheo de identidade ourensá-  en Mouruás –San Xoán de Río- Xosé Miguel Pérez pasou a formar parte da formación política popular.

  
  
En palabras de Manuel Baltar “Xosé Miguel encarna perfectamente as características que definen ao Partido de Ourense: centrismo, galeguismo, reformismo e municipalismo. Xosé Miguel ten visión e capacidade estratéxica, cercanía ao territorio, ambición e forza. Estamos ante  unha importante incorporación que aportará enerxía e afouteza a un proxecto político que contempla a Ourense por riba de calqueroutro interese. 

Na xestión municipal que ven desenvolvendo en San Xoán de Río amosou diariamente orgullo do noso rural e do seu potencial, unha aposta sen límites polo territorio e empatía coa veciñanza. Dámoslle a benvida a este novo e gran compañeiro na andaina desta formación netamente ourensá polo mellor futuro para a provincia. A ourensanía política está de noraboa”.

O PP de Ourense conta con máis de vintecinco mil afiliad@s na provincia, a maior porcentaxe de afiliación por poboación en España, con xuntas locais activas nos 92 concellos do noso territorio.

Suscíbete:
Redes Sociales: