Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

  Manuel Baltar presentará unha querela contra Rodríguez Villarino por inxurias e calumnias

Imprimir ppou - 10-Agosto-2020 - 19:39:47 


• Asegura que “hai que desterrar da política este tipo de actuacións”, reafirmando así a súa intención de poñer en mans da xustiza calquera acción que “amparada na mentira, na manipulación e nas falsas acusacións menoscabe a honorabilidade dos membros do PP e poña en dúbida a legalidade das súas actuacións”.

10, agosto, 2020.

O presidente provincial do PP e presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comunicou hoxe o inicio de accións xudiciais contra o secretario provincial do PSdeG-PSOE, Rafael Rodríguez Villarino, tralas súas manifestacións recollidas nunha entrevista publicada o domingo no xornal La Voz de Galicia.

Manuel Baltar presentará unha querela por inxurias e calumnias, recollidas nos artigos 205 e 208 do Código Penal, logo das graves acusacións realizadas polo representante socialista ao falar de corrupción no contexto da moción de censura rexistrada polo Partido Popular en Castrelo de Miño.

Baltar asegurou coa máxima contundencia que “hai que desterrar da política este tipo de actuacións”, reafirmando así a súa intención de poñer en mans da xustiza calquera acción que “amparada na mentira, na manipulación e nas falsas acusacións menoscabe a honorabilidade dos membros do PP e poña en dúbida a legalidade das súas actuacións”.

“En política non todo vale –engadiu- e non imos permitir que o representante de ninguna formación política e con responsabilidades nas institucións acuse gratuitamente de feitos tan graves aos cargos públicos do Partido Popular, co obxectivo de agochar diante da súa militancia e da opinión pública a progresiva desintegración do seu partido na provincia”.


Suscíbete:
Redes Sociales: