Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

  O PPdeG rexeita o acordo do Goberno de incautar os fondos dos concellos e acusa a Caballero de ser o seu “cooperador necesario”

Imprimir ppou - 10-Agosto-2020 - 19:38:26 

 
• “En vez de ser Abel é Caín, en vez de ser caballero é un vasallo que está ao servizo de Pedro Sánchez, e en vez de ser reivindicativo foi submiso”, apuntou Manuel Baltar nunha concentración en Vigo de alcaldes e portavoces populares en contra dunha decisión que só sirve aos intereses socialistas e non aos das entidades locais 

• Os populares consideran que o voto de calidade de Caballero servirá para que Pedro Sánchez cadre as contas da súa nefasta xestión 

• Avanzan iniciativas nos plenos municipais e provinciais en contra dunha decisión prexudicial para os veciños

10, agosto, 2020. Máis dun cento de alcaldes e portavoces do PP de toda Galicia concentráronse, diante do Concello de Vigo, en contra da decisión do Goberno central de incautar os fondos dos concellos galegos; unha decisión que ten ao alcalde desta cidade e presidente da FEMP, Abel Caballero, como “cooperador necesario”. “En lugar de ser amigo dos concellos, converteuse nun inimigo; en vez de ser Abel é Caín, en vez de ser caballero é un vasallo que está ao servizo de Pedro Sánchez; e en vez de ser reivindicativo foi submiso”, afeou Manuel Baltar, presidente provincial e da Deputación de Ourense.

  
  
Neste punto, cualificou de inaceptable e inxustificado un acordo “entre aspas”, xa que, tal e como indicou, só contou cos votos a favor dos rexedores socialistas presentes na Xunta de Goberno da FEMP: “Rompeuse por primeira vez o consenso histórico”. Para Baltar, trátase dunha imposición do Executivo de Pedro Sánchez que ignora a autonomía municipal: “Os aforros das entidades locais deben investirse no territorio que foi quen de xeralos e non que os incaute, confisque e expropie un Goberno que está atentando contra a autonomía municipal e o municipalismo”. 

O representante popular incidiu en que o voto de calidade do presidente da FEMP -que foi usado por primeira vez na historia da entidade e que posibilita a incautación do aforro dos concellos e das deputacións- é a “puntilla ao municipalismo español”, ademais da mostra evidente de que está a servir unicamente “aos intereses partidistas do PSOE” e non aos das entidades locais: “É un ninguneo sen precedentes ao municipalismo”.
 
Asemade, afeou que o acordo ignore aos concellos do ámbito rural e que non contemple nin un só euro para aqueles que non teñen remanente e os que teñen débeda. 

A INCAUTACIÓN DOS AFORROS DOS CONCELLOS 
“Non imos aceptar que se cambie o interese do municipalismo da noite para a mañá a cambio dun interese partidista”, dixo Alfonso Villares, alcalde de Cervo e vicepresidente primeiro da Fegamp, quen sinalou que os concellos galegos non se senten representados na FEMP por Abel Caballero, ao non defender en ningún momento os seus intereses.  

Tras afear o silencio cómplice do socialismo galego, reclamou o uso dos remanentes, ao tempo que sostivo que a boa xestión dos concellos non pode ser incautada polo Goberno central. Para Villares, Abel Caballero está a permitir que os aforros dos veciños sirvan para cadrar as contas de Pedro Sánchez pola nefasta xestión.  

“RESPECTO E DIGNIDADE” PARA OS CONCELLOS
Pola súa banda, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, quen dixo non sentirse representado por Abel Caballero, reclamou “respecto e dignidade” para os concellos e non este ninguneo nin esta chantaxe: “Esta é a guinda dese pastel que é a desastrosa xestión do Goberno de Pedro Sánchez”. Neste punto, fixo fincapé en que os alcaldes e portavoces do PPdeG si están a defender os intereses dos veciños. 

Do mesmo xeito, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, incidiu en que o PPdeG é un partido de pacto e de consenso, de aí que rexeite de forma frontal e clara este acordo. Un acordo, engadiu, que paralizará tanto proxectos municipais como provinciais. Neste punto, afeou que a Deputación de Pontevedra aínda non alzase a voz contra este acordo prexudicial. E avanzou que se presentarán iniciativas nos plenos municipais e provinciais. 

Para rematar, o portavoz do PP no Concello de Vigo, Alfonso Marnotes, tras afear que Caballero lle dera as costas aos veciños e se puxera do lado do Executivo central, reclamou que “o diñeiro de Vigo se quede en Vigo”. Tal e como apuntou, o acto celebrouse nesta cidade, por ser o seu alcalde “o culpable” da incautación dos aforros dos concellos e das deputacións. 


Suscíbete:
Redes Sociales: