Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

  A Xunta Electoral abre dos expedientes sancionadores contra o PSOE e Villarino polo valo publicitario anónimo e facer campaña na xornada de reflexión

Imprimir ppou - 05-Agosto-2020 - 12:16:34 


• O secretario xeral do PP ourensán, Rosendo Fernández, entende que “este é un único caso, o caso dun persoeiro, que non político, que despreza a legalidade, que di quen e de que poden falar os demais representantes institucionais, como fai nos plenos da Deputación e do Concello, e que ignora as resolución doutros organismos como a Avogacía do Estado, que arquiva o seu requerimento verbal sobre as axudas a autónomos e pemes da Deputación, e anuncia con sorna un recurso para que os autónomos e pemes ”.

• O Partido Popular de Ourense, anunciou, “vai seguir defendendo ata as últimas consecuencias a legalidade das medidas adoptadas nas institucións nas que goberna, como as axudas da Deputación, e tampouco tolerar accións e actitudes totalmente antidemocráticas por parte dun personaxe indigno para a política ourensá”.

5, agosto, 2020.

A Xunta Electoral de Zona de Ourense (XEZ) abriu senllos expedientes sancionadores contra o PSOE de Ourense e o seu secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, polo valo publicitario anónimo instalado na rúa Marcelo Macías durante a campaña electoral, así como pola actividade de propaganda e campaña electoral desenvolvida por Villarino  nas redes sociais en plena xornada de reflexión das eleccións autonómicas.

A XEZ de Ourense, en dúas resolucións con data deste pasado luns, 3 de agosto, considera as referidas actuacións como constitutivas dunha posible infracción electoral do artigo 153 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG), penadas con multa de entre 100 e 600 euros. En ambos os dous casos se procede ao nomeamento da instructora do expediente, responsabilidade que recae na mesma vocal xudicial, e se advierte que con cabe recurso contra a apertura destes expedientes.

Estes dous expedientes son consecuencia das denuncias presentadas no seu momento polo Partido Popular de Ourense, no ámbito da defensa dos representantes institucionais da formación popular e a legalidade das accións de propaganda política en campaña electoral.

O primeiro dos casos refírese á colocación dun valo publicitario na rúa Marcelo Macía da cidade, onde en plena campaña electoral e utilizando recursos públicos o PSdeG-PSOE insultaba de xeito anónimo –autoría confirmada despois por unha acta da Xunta Electoral- a representantes de institucións públicas de Ourense e Galicia elixidos democráticamente, como os presidentes da Xunta de Galicia e da Deputación provincial, así como o alcalde de Ourense.

O segundo caso ten como protagonista directo a Rodríguez Villarino, que o día 11 de xullo, en plena xornada de reflexión das eleccións autonómicas, publicou unha serie de mensaxes nas súas redes sociais –Facebook e Twitter- contra o candidato popular á presidencia da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Non obstante, para o secretario xeral do PP ourensán, Rosendo Fernández, “este é un único caso, o caso dun persoeiro, que non político, que despreza a legalidade, que di quen e de que poden falar os demais representantes institucionais, como fai nos plenos da Deputación e do Concello, e que ignora as resolución doutros organismos como a Avogacía do Estado, que arquiva o seu requerimento verbal sobre as axudas a autónomos e pemes da Deputación, anunciando un recurso contencioso administrativo, no que afirma con sorna incluída ”.

“Xa sabemos que Villarino vai valorar a importancia destes expedientes pola súa contía económica –sinalou Fernández- cando o que realmente significan estas resolucións é que non lle importa a legalidade e moitísimo menos á veciñanza de Ourense, coartando a súa liberdade ideolóxica e de militancia política”.

O Partido Popular de Ourense, anunciou o secretario xeral, “vai seguir defendendo ata as últimas consecuencias a legalidade das medidas adoptadas nas institucións nas que goberna, como as axudas da Deputación, e tampouco tolerar accións e actitudes totalmente antidemocráticas por parte dun personaxe indigno para a política ourensá”.


Suscíbete:
Redes Sociales: