Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP presenta unha alternativa de goberno en Castrelo de Miño “para devolver ao Concello normalidade democrática e institucional”

Imprimir ppou - 27-Xullo-2020 - 13:52:55 


• Logo das negociacións mantidas esta fin de semana cos dous concelleiros que abandoaron as filas do PSOE, declarou o portavoz popular Avelino Pazos, chegouse a un acordo de mínimos, “grazas á vontade de traballo de dúas persoas que chegaron á política local para axudar ao progreso de Castrelo de Miño e non para ser simples espectadores do desorde no que está sumido o concello, do descoñecemento da xestión pública por parte do actual equipo de goberno, pola falta de proxectos e pola toma de decisións arbitrarias que non miran o interese xeral da veciñanza”.

• No pacto alcanzado entre o grupo popular, integrado por 3 concelleiros, e os dous exconcelleiros do PSOE, figuran como principais medidas aprobar os orzamentos municipais anuais, un novo organigrama de goberno e de áreas e a aprobación do PXOM.

27, xullo, 2020.

O Partido Popular de Castrelo de Miño presentou esta mañá unha nova proposta de goberno para o Concello, tralo acordo alcanzado cos dous concelleiros que abandoaron as filas do grupo local socialista. Unha decisión que segundo declarou o portavoz popular, Avelino Pazos, “ten como única finalidade devolver a normalidade democrática e institucional que necesita o noso concello logo dun ano de absoluta parálise e absoluta falta de diálogo por parte do alcalde nacionalista”.  

As negociacións cos dous concelleiros que formaban parte do grupo socialista principiaron despois do esperpéntico pleno do pasado 21 de xullo e remataron esta fin de semana cun acordo de mínimos, “grazas á vontade de traballo de dúas persoas que chegaron á política local para axudar ao progreso de Castrelo de Miño e non para ser simples espectadores do desorde no que está sumido o concello, do descoñecemento da xestión pública por parte do actual equipo de goberno, pola falta de proxectos e pola toma de decisións arbitrarias que non miran o interese xeral da veciñanza”, sinalou Pazos.

“Logo dun ano de pasividade, desidia e prepotencia por parte do alcalde do BNG -dixo o portavoz popular- e no que todas as iniciativas aprobadas en pleno acabaron metidas nos caixóns, Castrelo de Miño non pode permitirse o luxo de seguir perdendo máis tempo”.

Diante desta situación e co aval dos últimos resultados das eleccions autonómicas, nas que o PP obtivo máis do doble dos votos que a formación nacionalista do alcalde e o o 50 % de apoio electoral, “desde o Partido Popular propoñemos á corporación de Castrelo de Miño unha alternativa de goberno para salvar ao concello do desastre ao que inevitablemente o BNG nos leva”.

No acordo de mínimos alcanzado entre o grupo popular, integrado por 3 concelleiros, e os dous exconcelleiros do PSOE, figuran como principais medidas aprobar os orzamentos municipais anuais, un novo organigrama de goberno e de áreas e a aprobación do PXOM.

Ademais, inclúense otras actuacións de urxencia, como dotar de transparencia aos procesos administrativos “para acabar coa opacidade absoluta da xestión que hai actualmente”; saldar todas as débedas pendentes que ten o concello con outras administracións; pago de todas as facturas pendentes ás pemes; mellora dos servizos sociais; a reparación das deterioradas vías de comunicación municipais; o ensanche e pavimentación da estrada que une Astariz e Macendo; un estudo das infraestruturas e equipamentos municipais máis demandados pola ciudadanía; e potenciar o Club Náutico de Castrelo de Miño e o Parque Náutico de Galicia para que sexa referente nacional e internacional.

UN GOBERNO SÓLIDO PARA CASTRELO DE MIÑO FRONTE Á “INOPERANCIA DO ACTUAL ALCALDE”

O secretario xeral do Partido Popular, Rosendo Fernández, declarou pola súa banda que a alternativa de goberno presentada esta mañá en Castrelo de Miño “só ten un obxectivo único que é o benestar da veciñanza, para o cal é indispensable ter un goberno sólido fronte a inoperancia do actúa alcalde e a súa manifesta incapacidade para conseguir desde as municipiais de maio de 2019 un acordó que facilitase a xestión municipal”.





(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: