Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Ribadavia arroupa a Pilar Rodríguez no acto de presentación como candidata á Alcaldía

Imprimir ppou - 05-Abril-2011 - 13:08:10 

O Partido Popular de Ribadavia amosou o seu apoio total á candidata Popular á Alcaldía, Pilar Rodríguez Martínez, nun acto que contou coa presenza do presidente provincial, Manuel Baltar, de cargos do partido e de ex presidentes locais do PP de Ribadavia. Todos refrendaron o proxecto co que a empresaria Pilar Rodríguez "quere poñer a Ribadavia no lugar que lle corresponde, dentro do plano económico, social, cultural, de servizos e de infraestruturas, que a nosa vila necesita", dixo a candidata durante a súa intervención no acto que tivo lugar nunha Casa de Cultura abarrotada.
Pilar Rodríguez presentou aos membros da súa candidatura, quen desde o minuto 1 está a contactar cos vecinos e veciñas para coñecer as necesidades e demandas para facer Ribadavia entre todos. Os membros da candidatura que acompañan a Pilar Rodríguez son, en segundo lugar, Pablo Rodríguez Gómez, seguido de María Luz Expósito, César Manuel Fernández, Regina Bahamonde, Maximino Fernández, Silvia Taboada, José Felicísimo Pereira e Almudena Fernández, nos postos de saída. Tamén é importante a presenza do actual conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, quen arroupou a Pilar Rodríguez no acto, o cal se incorpora ao último posto da lista.    

Pilar Rodríguez dixo que a rúa será "o escenario político do meu equipo. Os bares, comercios, fábricas, parques, colexios, entidades deportivas e culturais; todos eles saberán da nosa presenza. Escoitar a todos, estar con todos, ofrecer servizos a todos e intentar resolver os seus problemas, ese será o noso lema", manifestou a candidata.
No acto tamén se presentaron os cabeza de lista da bisbarra de O Ribeiro, e ao final do acto, todos: cabezas de lista, integrantes da lista de Ribadavia os ex presidentes do PP, o actual presidente local e mailo presidente provincial pousaron na tradicional foto de familia.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: