Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Galegas 12J. Manuel Baltar: “Conseguir a victoria en 85 dos 92 concellos da provincia só está ao alcance do PP de Ourense”

Imprimir ppou - 14-Xullo-2020 - 12:06:58 


• O presidente provincial dos populares, Manuel Baltar, valorou hoxe así os resultados das eleccións galegas celebradas este domingo, das que destacou o apoio electoral alcanzado, 53,13 %, idéntico ao conseguido nas autonómicas de 2016, e a maior participación de toda Galicia cun 60,79 %, sinalando que o trasvasamento dos votos das Mareas ao BNG impediu que o PP de Ourense repetise o noveno escano de hai catro anos.

• Se onte fosen eleccións municipais, o PP obtería 82 maiorías absolutas, incluíndo a capital e as principais vilas, conseguiría 18 deputados provinciais, 4 o BNG e 3 os socialistas; no caso das xerais, mantería os dous deputados no Congreso e o PSOE perdería un, que iría ao BNG; e sobre a evolución do voto desde os últimos comicios, o 10 de novembro, crecería máis de 14 puntos, con 13.584 votos máis, mentres que o PSOE perdeu casi 25.900 votos.

13, xullo, 2020. “Conseguir a victoria en 85 dos 92 concellos da provincia son uns resultados excepcionais que só están ao alcance dunha formación política como o Partido Popular de Ourense”. O presidente provincial dos populares, Manuel Baltar, valorou hoxe así os resultados das eleccións galegas celebradas este domingo, das que destacou o apoio electoral alcanzado, 53,13 %, idéntico ao conseguido nas autonómicas de 2016, e a maior participación de toda Galicia cun 60,79 %, sinalando que o trasvasamento dos votos das Mareas ao BNG impediu que o PP de Ourense repetise o noveno escano de hai catro anos.

  
  
Acompañado por Rosendo Fernmández, secretario xeral da formación, Baltar compareceu diante dos medios de comunicación co xa tradicional mapa da provincia, onde se pode apreciar como o PP gañou en 85 dos 92 concellos, “contribuíndo a que Alberto Núñez Feijóo lograse a cuarta maioría absoluta, o gran titular do día a nivel nacional”.

Manuel Baltar felicitou á candidatura encabezada por Marisol Díaz, “xa que Ourense estará representado no Parlamento galego por 8 dos 14 diputados que se elixían pola provincia, máis da metade, o que significa que os ourensáns se decantaron polo rigor e a estabilidade que ofrece o proxecto popular”.

Nun contexto como o actual, marcado no ámbito sanitario, económico e social pola pandemia, e na política por un Goberno central do PSOE e Podemos, destacou o presidente provincial, “repetir a mesma porcentaxe de apoio electoral -53,13 %- que nas autonómicas de 2016 é un gran éxito de todos os populares de Ourense”, apuntou o presidente provincial, que incluíu nas felicitacións aos 1.396 interventores e apoderados que estiveron nas 542 mesas electorais, “máis que o resto de formacións que concorrían a estas eleccións”.

Manuel Baltar subliñou a lexitimidade dos resultados alcanzados en Ourense “grazas ao 60,79 % dos cidadáns que decidiron acudir ás urnas, casi dous puntos máis que a media galega, o que tamén fala da confianza que houbo nas medidas de seguridade adoptadas nos locais electorais”.

En Ourense, explicou, “o noveno deputado non chegou pola Lei D´hont, xa que os máis de 24.000 votos das Mareas se foron en gran parte ao BNG e non se dividiu o voto da esquerda”. Así, Ourense situouse como a segunda provincia en porcentaxe de apoio electoral ao PP, con Lugo en primeiro lugar (54,69 %) e con 9 escanos. Non obstante, Baltar afirmou que “conseguimos o reto de superar unha máis o 50 % de apoio ao PP, a segunda mellor porcentaxe de Galicia e cinco puntos por encima da media galega”.

Logo de felicitar tamén ao resto de formacións políticas que obtiveron escanos no Parlamento, Manuel Baltar detallou os datos correspondentes aos concellos, así como a súa extrapolación á representación noutras institucións. 

Dos 85 concellos nos que gañou o PP, en 44 superouse o 60 % de apoio, con Beariz en primeiro lugar (86,55 %), onde esta mesma tarde o PP reuniu a súa Xunta Directiva para analizar polo miúdo os principais datos. Avión (85,84 %) e Quintela de Leirado (84,84 %) ocuparon o segundo e terceiro posto respectivamente na lista de concellos.
Para Manuel Baltar, non obstante, o mellor reflexo do traballo realizado na provincia pode verse “nas 82 maiorías absolutas, incluíndo a capital e as principais vilas, que se obterían se estas eleccións fosen municipais”. Polo que respecta á Deputación, “os resultados serían aínda máis contundentes, pois o PP tería 18 deputados, 4 o BNG e 3 os socialistas, que pasarían a ser a terceira forza da oposición”. No caso das xerais, o PP mantería os dous deputados no Congreso e o PSOE perdería un, que iría ao BNG. Sobre á evolución do voto desde os últimos comicios, o 10 de novembro, “crecimos máis de 14 puntos, con 13.584 votos máis, mentres que o PSOE perdeu casi 25.900 votos e baixou do 33,5 % ao 19,7 %”.
 
A debacle do PSOE na provincia aínda está máis clara, dixo, si se analizan casos como os de Verín, “onde gañamos nas 21 mesas do concello e onde o número dous da lista, Francisco Rivera, só obtivo no seu local electoral 75 votos fronte aos 130 do PP”. Similiar circunstancia na mesa na que votou a número uno desta formación, Marina Ortega, que obtivo 51 votos e o PP 208”.


Suscíbete:
Redes Sociales: