Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Francisco Conde: “é impropio e nada razoable que Villarino poña paos nas rodas a autónomos, pemes e familias”

Imprimir ppou - 07-Xullo-2020 - 21:53:57 


• Ninguén merece un comportamento así por parte dun político, dixo, polo que esixiu “unha rectificación inmediata por parte de Villarino, porque o que temos que facer é pensar entre todos que medidas poñemos en marcha para chegar a quen máis o necesita”.

• Xusto cando máis certezas e confianza precisan as persoas que co seu esforzo seguen mantendo emprego e xeran actividade económica, “chega un persoeiro e no colmo da insensatez o que xera é medo e incertidume”, afirmou Manuel Baltar.

• Miguel Santalices, número tres da lista por Ourense, asegurou que “esta actitude tan irracional debe levarnos a reflexionar sobre os políticos e os gobernantes que precisan o noso país, e isto non é nin por asomo o que necesitan nin piden os galegos e as galegas”.

7, xullo, 2020. O candidato por Lugo ás eleccións galegas e conselleiro de Economía, Emprego e Industria, esixiu hoxe unha rectificación inmediata do socialista ourensán Rodríguez Villarino “pola súa actitude contras as familias, autónomos e pemes”, en referencia ao expediente de revisión de legalidade iniciado polo subdelegado do Goberno a instancias “verbais” do portavoz do PSOE na Deputación e no Concello de Ourense.

Francisco Conde, nun encontro cos representantes das áreas industriais de San Cibrao das Viñas, Barreiros e Pereiro de Aguiar, ademais dos alcaldes de ambos os dous concellos, subliñou a súa sorpresa por un xeito de actuar incomprensible, “xusto cando estamos nun momento de enorme dificultade, onde o máis importante é traballar unidos desde todas as administración”.

As familias, autónomos e pemes de todo Ourense e Galicia, sinalou, “están pasando por moitísimos problemas e o que nos están a pedir é que fagamos políticas útiles, que parten da colaboración entre as diferentes administracións,  pensando precisamente en impulsar todo tipo de medidas”.

Neste conexto de dificultade, “é impropio e nada razoable que un membro dun partido político, como o socialista Villarino, estea a poñer trabas a unha institución como é a Deputación de Ourense, aínda que realmente o que está a facer é poñer paos nas rodas aos autónomos, as pemes e ás súas familias”.

Ninguén merece un comportamento así por parte dun político, dixo Francisco Conde, polo que esixiu “unha rectificación inmediata por parte de Villarino, porque o que temos que facer é pensar entre todos que medidas poñemos en marcha para chegar a quen máis o necesita”, citando como exemplos as propias axudas da Deputación ou a ampliación dunha liña de financiamento da Xunta para autónomos e micropemes, bonificando o cen por cen dos intereses, simplificando a tramitación e aumentando periodo de amortización. 

MANUEL BALTAR: “FANME CHEGAR NUMEROSAS MENSAXES COA PREOCUPACIÓN XERADA POLA RUÍN ACTITUDE DE VILLARINO”.

“As palabras de Francisco Conde son un aval máis do posicionamento que o Partido Popular de Ourense e desde a Deputación de Ourense vimos de facer en apoio dos autónomos e pemes”, dixo o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, que hoxe participou en senllos mítines en Viana do Bolo e Riós, na compaña de Valeriano Martínez e o número dous da candidatura por Ourense, Miguel Santalices.

Baltar desvelou que nos últimos días recibirá numerosas mensaxes de cargos locais do partido “facendome chegar ás enormes dúbidas xeradas pola ruín actitude de Villarino, e moi preocupados por si tiñan que devolver as axudas”. Xusto cando máis certezas e confianza precisan as persoas que co seu esforzo seguen mantendo emprego e xeran actividade económica, “chega un persoeiro e no colmo da insensatez o que xera é medo e incertidume”.

O presidente provincial dixo non entender “como un partido que aspira a gobernar en Galicia aínda non cesou a Villarino polo enorme dano feito, e aínda máis por manipular a un cargo do Estado, o subdelegado do Goberno, instigando de xeito verbal un expediente contra a Deputación”. Os ourensáns non poden confiar nun político “por cualificalo dalgún xeito, que non sabe o que é procurar axudas para non pechar o negocio, porque non ten idea do que é a actividade privada xa que vide do erario público”.

O número tres da candidatura por Ourense, Miguel Santalices, tamén se referiu hoxe ao boicit das axudas da Deputación nas súas intervencións nos mítines de Viana do Bolo e Riós. Unha actitude tan irracional, dixo, “debe levarnos a reflexionar sobre os políticos e os gobernantes que precisan o noso país, e isto non é nin por asomo o que necesitan nin piden os galegos e as galegas”. “É unha tremenda inxustiza que teñamos que padecer estas actitudes, que só van en contra de quen máis necesita do noso apoio nestes momentos”, engadiu.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: