Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Galegas 12J: Manuel Baltar: “Galicia e Ourense van apostar pola colaboración institucional e non pola submisión a Madrid”

Imprimir ppou - 04-Xullo-2020 - 14:40:12 


• O presidente provincial puxo como exemplo de cooperación coas administracións o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional, “rexeitado  por uns pero no que a Deputación de Ourense viu unha excelente oportunidade de traballar da man da Xunta, sabedores da necesidade de profesionais cualificados”.

• Marisol Díaz, cabeza de lista, pediu o voto para un novo goberno Feijóo como única opción “para evitar que a crise económica e social que xerou a pandemia tamén se convirta nunha crise política, se quedamos nas mans dunha morea de partidos que non dubidarían en repartirse Galicia e Ourense”.

3, xullo, 2020. O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, afirmou hoxe que o próximo día 12 de xullo “Galicia e Ourense van apostar pola colaboración institucional e non pola submisión a Madrid, a tomar as nosas decisións e non agardar a que nos digan que hai que facer”. Baltar pronunciou estas palabras nunha apretada xornada de campaña na que a cabeza de lista popular, Marisol Díaz, pediu o voto para un novo goberno Feijóo como única opción “para evitar que a crise económica e social que xerou a pandemia tamén se convirta nunha crise política, se quedamos nas mans dunha morea de partidos que non dubidarían en repartirse Galicia e Ourense”.

Coa presenza esta tarde do candidato do PPdeG a revalidar a presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, os populares cruzaron o ecuador da campaña coa celebración de catro mítines no Carballiño, San Cibrao das Viñas, Xinzo de Limia e Verín.

Manuel Baltar chamou a atención sobre o espírito de colaboración e cooperación do que fai gala o PP alí onde goberna. “Poden dicilo os alcaldes que acoden á Deputación, e podemos dicilo desde o goberno provincial cando formulamos propostas que teñen como obxectivo único o interese xeral de Ourense”.

“A nosa visión integral de provincia permítenos detectar as necesidades futuras dos ourensáns –sinalou Baltar-  buscando se é preciso a cooperación das administracións”. O presidente dos populares galegos puxo como exemplo o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional, “rexeitado  por uns pero no que a Deputación de Ourense viu unha excelente oportunidade de traballar da man da Xunta, sabedores da necesidade de profesionais cualificados”.
Iso é colaboración, subliñou Manuel Baltar, “e non esa inquina coa que actúan outros representantes políticos afogados no odio e que só entenden a cooperación entre administracións do seu propio color político, pero postas ao seu servizo como fixo Villarino coa Subdelegación do Goberno instigando a revisión de legalidade das axudas a autónomos e pemes da Deputación”.

Baltar insistiu en que o domingo de votación a xente acoda ás urnas e “apostedes polas portas abertas na Xunta con Feijóo ou un cortixo con acceso restrinxido segundo o carné de dez partidos”.

MARISOL DÍAZ: “DAMOS CERTEZAS PARA QUE OS EMPRESARIOS XEREN EMPREGO E OS NOSOS MAIORES PODAN MOVERSE SEN RISCO E AS FAMILIAS CONCILIEN MELLOR”

A cabeza de lista do PP por Ourense, Marisol Díaz, pediu o voto para un goberno de Feijóo como única opción, dixo, “para evitar que a crise económica e social que xerou a pandemia se convirta tamén nunha crise política, se quedamos nas mans dunha morea de partidos que non dubidarían en repartirse Galicia e Ourense”.

Díaz advertiu que o programa de todos eses partidos ten un único punto: botar ao PP e a Feijóo da Xunta, “e para iso utilizan todo tipo de argumentos catastrofistas”. Por unha banda o desemprego, sinalou, “cando as cifras do paro de maio din que en Ourense descendeu o número de parados e aumentaron as afiliacións á Seguridade Social”. Con todo, puntualizou, “o emprego vaise resentir con esta crise, pero o certo é que a destrución de postos de traballo en Ourense e Galicia contense polo de agora”. 

Tamén se referiu Marisol Díaz á próxima apertura dos centros de día, “que xa vimos anunciando, aínda que os demais partidos non se enteren porque non escoitan ou non queren escoitar”. Neste sentido asegurou que a intención da Xunta era abrir os centros de día coa máxima protección para os maiores, unha vez que tivesen formado ao persoal e que se fixeran os protocolos de prevención e fosen aprobados polas autoridades sanitarias, ofrecendo entre tanto un bono-concilia para que as familias contratasen coidadores”.

Dous claros exemplos “do que fai un goberno responsable: dar certezas coas súas medidas para que os empresarios podan crear máis postos de traballo e reactivar a economía, e dar confianza para que os nosos maiores podan moverse sen risco e as familias podan conciliar mellor”, rematou.


Suscíbete:
Redes Sociales: