Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Presentación de NNXX de Cea coa presenza da candidata nacional e do presidente rexional da organización xuvenil

Imprimir ppou - 02-Abril-2011 - 22:00:36 

A futura presidenta de Novas Xeracións, Beatriz Jurado, e o presidente autonómico da organización xuvenil do PP, Javier Dorado, asistiron hoxe xunto co presidente provincial popular, Manuel Baltar, á constitución desta formación xuvenil no Concello de Cea (Ourense). Coa presenza de preto dun centenar de mozas e mozos da contorna, a presidenta provincial de NNXX de Ourense, Jackeline Fernández, dixo que este encontro "enmárcase dentro da ilusión, o compromiso e a organización que estamos a desenvolver para potenciar a organización política xuvenil máis importante de Ourense". No acto de hoxe Rubén Nóvoa Castro foi proclamado presidente de NNXX de Cea.
Este acto forma parte das actividades que Novas Xeracións está a levar a cabo por toda a provincia de Ourense. No que vai de ano, constituíuse a Xunta Local de NNXX de O Barco, creouse NNXX en A Peroxa e renovouse a formación xuvenil en Barbadás.
Manuel Baltar dixo na súa intervención que o PP de Ourense "cre no potencial e no compromiso dos novos valores políticos do partido en Ourense, de aí a importancia de contar coa xente nova para fornecer o noso proxecto político, caracterizado polo equilibro entre a renovación e a experiencia".    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: