Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Galegas 12J: As siglas do PP “falan ven ás claras dos compromisos que asumimos coa nosa xente, que son programa, proxectos, propostas, previsión e planificación"

Imprimir ppou - 30-Xuño-2020 - 17:00:55 


• O presidente provincial subliñou que “agora é momento das persoas e cara elas temos que mirar para dicirlles que non van a estar sós, e que un goberno popular, con Feijóo á cabeza, ten a experiencia necesaria e mesmo avalada por expertos do Goberno central e os seus ministros para poñerse a traballar sen perder máis tempo”.

• A cabeza de lista, Marisol Díaz, afirmou que “non escoitei propostas concretas para Ourense, só unha visión catastrofista da provincia”, o que significa que os outros partidos “non teñen respostas”, advertindo que “o imposible encaixe de ideas da ducia de partidos que se presentan a estas eleccións tería unha dramática consecuencia: o reparto de cotas de poder de Ourense e Galicia”.

30, xuño, 2020. O Partido Popular de Ourense é unha formación de goberno “que xestiona con eficiencia e eficacia a provincia e sesenta concellos ourensáns, pero tamén a comunidade galega cun presidente, Feijóo, alonxado da improvisación”. En Monterrei e Rairiz de Veiga, onde os populares celebraron esta tarde senllos mítines, o presidente dos populares ourensáns, Manuel Baltar, apelou ás siglas do PP para afirmar que  as dúas iniciais “falan ben ás claras dos compromisos que asumimos coa nosa xente, que son programa, proxectos, previsión e planificación”.

“Así o fixemos desde o minuto uno nesta excecional situación, anticipándonos e planificando o día despois, como fixo o Goberno de Feijóo e como fixemos desde a Deputación -dixo Baltar-, aínda que nos quedaron polo camino 132 vidas de ourensáns aos que desde hoxe, como tamén ao resto das vítimas, rendemos unha homenaxe permanente cun gaiteiro que desde a torre da catedral interpretará todos os días o himno de Ourense”.

Non obstante, subliñou o presidente provincial, “agora é momento das persoas e cara elas temos que mirar para dicirlles que non van a estar sós, e que un goberno popular, con Feijóo á cabeza, ten a experiencia necesaria e mesmo avalada por expertos do Goberno central e os seus ministros para poñerse a traballar sen perder máis tempo”.

Un tempo que o PP, a través do goberno provincial, “non perdeu axudando aos que van liderar a nosa reconstrución, mentres outras persoas, que non políticos, enredan cun xogo extremadamente sucio para que as axudas concedidas pola Deputación estean en risco, usando de xeito electoralista a Subdelegación do Goberno, onde o seu titular préstase a atacar aos que xeran riqueza e emprego”

MARISOL DÍAZ: “O ÚNICO QUE ESTÁ CLARO É QUE O RESTO DE PARTIDOS NON TEÑEN UN PROXECTO DE PAÍS NIN RESPOSTAS”
 
A cabeza de lista por Ourense, Marisol Díaz, referiuse pola súa banda aos debates electorais celebrados ata o de agora: os dos candidatos e candidatas á presidencia da Xunta e os provinciais, un emitido pola cadea comarcal do Carballiño e o que se emitirá maña pola mañá na televisión pública galega.

“O único que quedou claro é que as outras forzas non teñen un proxecto de goberno e de país, e moito menos para Ourense”, afirmou, “senón que a única vontade real e recoñecida por eles é botar a Feijoó e ao PP da Xunta”. 

Díaz afirmou que “en ningún destes debates escoitei propostas concretas para Ourense, só unha visión catastrofista da provincia, o que significa que non teñen respostas”, advertindo que “o imposible encaixe de ideas da ducia de partidos que se presentan a estas eleccións tería unha dramática consecuencia: o reparto de cotas de poder de Ourense e Galicia”.

Nos mítines desta tarde tamén participou o candidato José González, que anunciou o seu compromiso por seguir a traballar na recuperación de terras no rural, como as aldeas modelo ou os polígonos agroforestais, indispensables para xerar novas oportunidades e a competitividade das explotacións.


Suscíbete:
Redes Sociales: