Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Rosendo Fernández: “queremos saber cantas ordes verbais acata o subdelegado do Goberno e quen llas dá”

Imprimir ppou - 30-Xuño-2020 - 16:59:26 

 
• “Nesta turbia e burda manobra -advertiu o secretario xeral dos populares ourensáns-, a verdadeira revisión da legalidade é a que está a facer o Partido Popular, porque non podemos deixar a máis mínima dúbida sobre a política destrutiva dun cargo público e representante dun partido, utilizando para elo unha institución do Estado como é a Subdelegación, ao que se presta o propio subdelegado”.

• Apelou á súa etapa como subdelegado do Goberno para afirmar que “sempre traballei con papeis e non con berros”. No seu mandato, engadiu, “xamais puxen en marcha un procedemento semellante, mantendo a miña independencia e autonomía, e previamente á incoación dun expediente se redactaban os informes correspondentes, acreditando á orixe e persoas que o solicitaban”. 

30, xuño, 2020

“Queremos saber cantas ordes verbais acata o subdelegado do Goberno e quen llas dá”, advertiu hoxe o secretario xeral do Partido Popular de Ourense, Rosendo Fernández, tras anunciar a presentación, diante da Subdelegación do Goberno, dun escrito no que o PP esixirá información detallada sobre os expedientes de revisión de legalidade que esta institución teña abertos sobre acordos adoptados polas entidades locais da provincia, como consecuencia do requerimento verbal dunha persona ou organización allea a esa Subdelegación.
Un escrito no que os populares tamén piden que se identifique á persoa que fixera, de existir, eses requerimentos verbais, así como as conclusións dos informes incoados por ese procedemento e o método empregado para comunicar esas conclusións á persoa que solicitase verbalmente o inicio dos expedientes.

Rosendo Fernández explicou que con esta iniciativa “esiximos a máxima transparencia dunha institución do Estado que, como xa quedou acreditado en días anteriores polas probas que recabamos, está actuando dun xeito partidista e a instancias dun representante público socialista por unha simple demanda verbal”.

Resulta inconcibible, denunciou, “que o irracional proceder dunha persoa que demostra non ter nada de político poña en risco os millleiros de axudas xa concedidas pola Deputación aos autónomos e pemes de toda a provincia, e aínda máis utilizando para elo dun xeito sectario e partidista unha institución do Estado que se algunha característica ten e debe salvagardar é a neutralidade”.

Así, Fernandez apelou á súa etapa como subdelegado do Goberno para afirmar que “sempre traballei con papeis e non con berros”. No seu mandato, engadiu, “xamais puxen en marcha un procedemento semellante, mantendo a miña independencia e autonomía, e previamente á incoación dun expediente se redactaban os informes correspondentes, acreditando á orixe e persoas que o solicitaban”. 

O secretario xeral do PP de Ourense afirmou que “imos ir ata as últimas consecuencias para poñer branco sobre negro neste caso único e inaudito en España, por iso queremos saber se hai máis expedientes de revisión de legalidade a concellos da provincia e si se utilizou a mesma fórmula de palabra, a persoa que o fixo, conclusións deses expedientes e como se comunicaron, se por escrito ou tamén berrando”. En definitiva, “se estamos ante unha causa xeral contra a Deputación de Ourense instigada por un portavoz frustrado que quería presidila, ou si se trata dun procedemento que afecta a máis administracións”.

“Nesta turbia e burda manobra –advertiu Rosendo Fernández-,  a verdadeira revisión da legalidade é a que está a facer o Partido Popular, porque non podemos deixar a máis mínima dúbida sobre a política destrutiva dun representante dun partido, utilizando para elo a Subdelegación, ao que se presta o propio subdelegado; por iso a petición de dimisión que aprobamos no pleno da Deputación está máis que xustificada”.

Fernández tamén anunciou próximas iniciativas do PP en torno a este caso, “ata que non quede a máis mínima cuestión sen resposta e teñamos todas as probas do xogo sucio que están a empregar dúas persoas, atentando contra Ourense, contra os autónomos, contra as pemes e, ademais,   situando nunha moi difícil situación a un partido ao que, non nos cansaremos de repetir, amosamos o máximo respecto.


Suscíbete:
Redes Sociales: