Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Galegas 12J: Manuel Baltar pide o apoio maioritario dos ourensáns para “garantir desde a Xunta unha colaboración leal coas as administracións locais”

Imprimir ppou - 28-Xuño-2020 - 23:56:47 



• O presidente provincial do PP afirmou que “as entidades locais –concellos e deputación- “coñecen a realidade do noso territorio, e somos quen de formular diante do goberno autonómico as propostas que precisamos para dar solucións ás nosas necesidades, sen atrancos como están a poñer outros representantes políticos na provincia contra os aliados necesarios para saír desta crise, como son os autónomos e as pemes”.

• En Trives e Maceda, na compaña do tamén candidato José González, a cabeza de lista dos populares ourensáns, Marisol Díaz, pediu á veciñanza que o día 12 de xullo “non vos deixedes enganar por aqueles que só queren meter medo e minten cando poñen en dúbida a seguridade desa xornada”.

28, xuño, 2020. O presidente do Partido Popular, Manuel Baltar, pediu hoxe en A Pobra de Trives e Maceda, onde os populares celebraron senllos mítines, o apoio maioritario a Feijóo “para garantir desde a Xunta unha colaboración leal coas administracións locais”. Baltar afirmou que un dos sinais de identidade do PP “foi sempre a colaboración e a cooperación institucional, unha máxima que só se pode avalar desde a unidade do Goberno e non desde o caos”.

  
  
Manuel Baltar destacou que o PP de Ourense ven de defender que “este é o momento das persoas, o dixemos durante as fases máis duras da pandemia e seguirémolo afirmando, polo que as nosas políticas, máis que nunca, deben estar guiadas pola colaboración entre institucións para ser máis fortes e alcanzar a máis poboación”.

As entidades locais –concellos e deputación- “coñecen a realidade do noso territorio, e somos quen de formular diante do goberno autonómico as propostas que precisamos para dar solucións ás nosas necesidades, sen atrancos como están a poñer outros representantes políticos na provincia contra os aliados necesarios para saír desta crise, como son os autónomos e as pemes.

Para o presidente provincial, os populares de Ourense “sabemos o verdadeiro significado de palabra cooperación, non só en tempos difíciles, e proba disto, por exemplo, e o compromiso alcanzado entre Xunta e Deputación para a construción do Centro Galego de Innovación da FP”. Un proxecto, engadiu, “pensado polo interese xeral de Ourense, polo beneficio que terá para o fomento do emprego e o tecido empresarial da provincia”.

MARISOL DÍAZ DEFENDE A SEGURIDADE DOS COLEXIOS ELECTORAIS NO DÍA DAS VOTACIÓNS

En Trives e Maceda, na compaña do tamén candidato José González, a cabeza de lista dos populares ourensáns, Marisol Díaz, pediu á veciñanza que o día 12 de xullo “non vos deixedes enganar por aqueles que só queren meter medo e minten cando poñen en dúbida a seguridade desa xornada”.

Unha trintena de especialistas, subliñou Díaz, “percorreron xa todos os colexios electorais da provincia para garantir que o día da votación a seguridade estea plenamente garantida”.

Feijóo afirmou que os galegos “iríamos a votar no momento de maior certeza con respecto á pandemia e coas mellores condicións de seguridade –engadiu- e con ese obxectivo se convocaron estas eleccións e se traballa desde a administración autonómica”.

Marisol Díaz asegurou que os ourensáns, como o resto dos galegos, “queremos para o futuro un goberno que nos ofreza certezas e confianza, e nesta dramática experiencia que marcou as nosas vidas creo honestamente que fumos capaces de facelo”, lembrando que ata o coordinador de alertas sanitarias, Fernando Simón, cualificou como “excelente” a xestión en Galicia realizada por Feijóo e o seu equipo nesta pandemia.

A VÍA DA PRATA, UN DOS MÁIS IMPORTANTES ITINERARIOS XACOBEOS 

Pola mañá, a cabeza de lista por Ourense, acompañada polos tamén candidatos Noelia Pérez, Antonio Rodríguez Miranda e Marta Rodríguez Vispo, realizaron unha visita ao tramo da Vía da Prata que discorre por Seixalbo.

  
  
Desde o mirador de Santa Águeda, Marisol Díaz cualificou este camiño como “un dos máis importantes itinerarios xacobeos, polas paisaxes e o patrimonio que atesoura, cun enorme potencial de crecemento, máxime cando existe unha tendencia á diversificación das rutas”.

A Vía da Prata, dixo, ademais de responder a unha oferta de desestacionalización e ser óptima para as rutas a cabalo ou en bicicleta, “está a captar un de cada catro peregrinos”, destacando os investimentos realizados desde a Xunta para potenciar este camiño, como o novo albergue de Ourense, o acondicionamento do albergue do mosteiro de Oseira, as instalacións de A Gudiña ou as obras de mantemento e sinalización realizadas por valor de dous millóns de euros”.


Suscíbete:
Redes Sociales: