Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións galegas 12J: Manuel Baltar defende a forza dos populares ourensáns na procura “dun novo goberno de Feijóo que nos leve á reactivación económica e social”

Imprimir ppou - 28-Xuño-2020 - 18:30:00 



• Na praza de touros de Pontevedra, logo do mitin do PPdeG no que tamén participaron Pablo Casado e Mariano Rajoy, o  presidente provincial do PP afirmou que “os homes e mulleres que asumen a responsabilidade de seguir a loitar por Galicia desde Ourense e a dirección provincial representamos aquí a forza dos populares ourensáns, que como ningún outro partido facemos un exercicio de total transparencia fixándonos ante a sociedade o obxectivo de conseguir nove escanos e contribuír a unha cuarta maioría absoluta de Feijóo”.

• En Allariz e Maside, subliñou que onde goberna o PP de Ourense, como na Deputación, “vimos que a verdadeira prioridade está nas persoas, na súa saúde e na reactivación económica e social, e mentres nos facemos outros falan e se atraven a dicir que a unidade salva vidas, empresas e emprego, cando demostran o seu egoísmo electoralista boicoteando as axudas  para autónomos e pemes”.

27, xuño, 2020. O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, defendeu hoxe a forza dos populares ourensáns na procura “dun novo goberno de Feijóo que nos leve á recuperación económica e social”. Baltar fixo estas declaracións ao remate do mitin celebrado esta mañá na praza de touros de Pontevedra, onde participaron o presidente do PPdeG e candidato á relección á presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o presidente nacional do PP, Pablo Casado, e o presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy.

  
  
A candidatura popular ourensá tamén acudiu a unha convocatoria de especiais características, posto que só puideron participar ao redor de 300 persoas, dado o estricto protocolo de seguridade e hixiene que o PP estableceu para os actos desta campaña electoral. Un feito que levou a Manuel Baltar a lembrar o 10 de setembro de hai catro anos, cando máis de 12.000 persoas encheron o recinto taurino “para dicirlle si por terceira vez a Feijóo”.

“Hoxe, os homes e mulleres que asumen a responsabilidade de seguir a loitar por Galicia desde Ourense e a dirección provincial representamos aquí a forza dos populares ourensáns, que como ningún outro partido facemos un exercicio de total transparencia fixándonos ante a sociedade o obxectivo de conseguir nove escanos e contribuír a unha cuarta maioría absoluta de Feijóo”.

Xa en Allariz e Maside, onde o PP de Ourense celebrou pola tarde senllos mitines coa presenza de Francisco Conde, o presidente dos populares ourensáns lembrou que agora, máis aló da política, “a verdadeira prioridade está nas persoas, na súa saúde e na reactivación económica e social, para o que necesitamos un goberno con plena capacidade de acción, sen ter que perder o tempo en negociar cesións e concesións con outros partidos dos que descoñecemos o seu programa e só sabemos da súa ansia de poder”.

O PP de Ourense, engadiu, demostrou alí onde goberna, “como na Deputación, que xa hai meses que soubo entender cales ían ser as prioridades como consecuencia da pandemia, poñendo o foco no ámbito social e nos autónomos e pemes”. “Mentres nos facemos, outros falan e se atraven a dicir que a unidade salva vidas, empresas e emprego, cando demostran o seu egoísmo electoralista boicoteando as axudas  para autónomos e pemes”.

En Allariz, o número cinco da candidatura por Ourense, Antonio Rodríguez Miranda, puxo o énfase na Galicia do exterior, sinalando que só durante o pasado ano chegaron á provincia máis de 2.400 persoas, “grazas aos programas de retorno do goberno galego e á cooperación da Xunta para facer de Ourense un lugar de oportunidades”.

En Maside, o número tres da lista popular, José González, quen subliñou o esforzo realizado nestes catro anos para transformar o campo ourensá, con iniciativas como as preto dunha ducia de aldeas modelo na provincia, para a recuperación produtiva de terras, ou o proxecto de polígono agrario en Arnoia.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: