Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións galegas 12J: Manuel Baltar: “Imos elixir ao alcalde de Galicia e Galicia necesita a Feijóo”

Imprimir ppou - 26-Xuño-2020 - 20:26:39 


• Para o presidente dos populares ourensáns, “Feijóo merece que encaremos estas eleccións como se fosen unhas municipais, traballando sen descanso para que ninguén se quede sen a mensaxe do feito ata o de agora, de proxectos, da ambición dos populares e mesmo do prestixio nacional do noso presidente”.

• A cabeza de lista por Ourense, Marisol Díaz, apelou ao  espírito do 2009 cando “o Goberno popular foi quen de sacarnos da crise do 2009, xestionando con sentidiño, o que repetimos en 2012 e tamén hai catro anos, e queremos que siga outro tanto máis”.

26, xuño, 2020. O Partido Popular de Ourense inicou hoxe a campaña electoral na comarca de Valdeorras, onde nos mítines celebrados en A Rúa e O Barco o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, subliñou que o próximo día 12 de xullo “imos elixir ao alcalde de Galicia e Galicia necesita a Feijóo, o presidente que soubo xestionar como ninguén a saúde dos galegos”.

  
  
Para Manuel Baltar, “Feijóo merece que encaremos estas eleccións como se fosen unhas municipais, traballando sen descanso para que ninguén se quede sen a mensaxe do feito ata o de agora, de proxectos, da ambición dos populares e mesmo do prestixio nacional do noso presidente”.

O presidente do PP ourensán lembrou que Galicia foi a comunidade autónoma “onde máis e mellor se traballou durante a pandemia, cunha xestión modélica, con rigor, con lealdade, pensando só nos galegos e a favor dos que sufriron as consecuencias sanitarias, sociais e económicas”.

“Non entendo –advertiu Baltar- como neste escenario pode haber un representante político –en referencia ao portavoz socialista na Deputación de Ourense- que puxo en perigo as axudas habilitadas pola institución provincial para autónomos e pemes, manipulando as institucións do Estado”.

Os populares van pedir o apoio a un partido e a unha persoa que presenta feitos e agora un novo programa, concretou Manuel Baltar, “cunha lista en Ourense chea de experiencia en todos os ámbitos da xestión e encabezada por Marisol Díaz, a muller que ten o récord histórico de apoio electoral nunhas eleccións autonómicas a calquera formación política en calquera provincia”.

Galicia ten a única maioría absoluta nunha comunidade, “porque Feijóo elixiu Galicia e Galicia vaille elixir de novo”, concluíu.

MARISOL DÍAZ: “ESTES DÍAS SERÁN DIFERENTES, NON MENOS ILUSIONANTES, PERO CON MOITA MÁIS RESPONSABILIDADE”

A cabeza de lista por Ourense, Marisol Díaz, que comexou a xornada acompañando a Alberto Núñez Feijóo na visita que o presidente dos populares galegos realizou pola mañá a Os Peares, interveu no mitin celebrado na vila do Barco, onde subliñou que “esta non é unha campaña como as que coñecemos, porque a nosa vida mudou neste catro meses”.

Estes días serán diferentes, “non menos ilusionantes, pero con moita máis responsabilidade por parte dos populares, que comprometemos unha vez máis o noso traballo para sair adiente en momentos tan complicados como so que estamos a vivir”. 

  
  
Marisol Díaz apelou ao espírito de traballo de Feijóo lembrando como o Goberno popular foi quen de sacarnos da crise do 2009, “xestionando con sentidiño a vida dos galegos e de dos valdeorreses”. En 2012, “Feijóo volveu xestionar e traballar de xeito rigoroso e responsable”, e hai catro anos e unha vez máis converteuse en presidente de todos os galegos, e queremos que siga outro tanto máis”.

Xusto agora, engadiu, “cando estabamos no bo camiñoo chegou esta pandemia, pero con Feijóo plantaremos cara e seguiremos traballando por esta comarca, sendo a súa voz no Parlamentoe na Xunta, para seguir mellorando as infraestruturas, promovendo industrias tan importantes como a lousa ou mostrando ao mundo que temos un produto de absoluta calidade como os nosos viños”.

Díaz concluíu apelando á seguridade na xornada do 12 de xullo, animando aos valdeorreses a votar “porque nos colexios electorais fíxose un enorme traballo para ese día sexa un lugar absolutamente seguro”.


Suscíbete:
Redes Sociales: