Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O Partido Popular pedirá ao Goberno fondos e información para valorar se as entidades locais poderán xestionar o ingreso mínimo vital

Imprimir ppou - 16-Xuño-2020 - 13:40:43 


• Sen ter todos os detalles e coñecer a dispoñibilidade financeira, advirte Plácido Álvarez Dobaño, portavoz do grupo popular e vicepresidente terceiro da Deputación. “non hai elementos suficientes para valorar se poden facerse cargo desta prestación”, unha posibilidade que deixa aberta o Goberno mediante a sinatura de convenios co Instituto Nacional da Seguridade Social.

Ourense, 16 de xuño de 2020.- O grupo provincial do Partido Popular pedirá ao Goberno central que detalle as condicións nas que as entidades locais poderán xestionar o ingreso mínimo vital, “pois sen ter a información necesaria e coñecer a dispoñibilidade de fondos non hai elementos suficientes para valorar se poden facerse cargo desta prestación”, unha posibilidade que deixa aberta o Goberno mediante a sinatura de convenios co Instituto Nacional da Seguridade Social. Así o sinalou Plácido Álvarez Dobaño, portavoz do grupo popular e vicepresidente terceiro da Deputación, que anunciou unha próxima iniciativa do PP neste sentido.

Máis aló da terrible crise sanitaria que se levou milleiros de vidas, dixo Plácido Álvarez, “agora enfrontamos unha crise económica e social sen precedentes, con millóns de persoas afectadas por ERTE, pola perda do seu emprego ou en risco de exclusión social”. Unha crise que tamén afecta ás entidades locais, subliñou o portavoz popular, “que tiveron que facer un enorme esforzo económico para asistir á poboación en situación de vulnerabilidade, reforzando e incrementando os servizos sociais que xa viñan prestando desde ahí anos”.

Antes da crise, engadiu, está atención tamén estaba a ser realizada polas comunidades autónomas, no caso de Galicia a través da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga), “que ten como finalidade ofrecer unha protección máis ás persoas en situación de pobreza ou exclusión social, é dicir, “os mesmos obxectivos da nova prestación que agora ven de poñer en marcha o Goberno”.

Aínda que compartindo a necesidade de axudar á poboación máis vulnerable, o Partido Popular entende que sería “máis eficaz e eficiente transferir fondos ás entidades locais e comunidades autónomas para reforzar a ampliar as axudas xa existentes, redeseñándoas se fose necesario para cumprir mellor cos obxectivos que se perseguen”. Non obstante, advertiu Plácido Álvarez, “o Goberno non contou con ningunha das administracións para pór en marcha a prestación, o que pode dar lugar a duplicidades e xerar incertezas e inseguridade xurídica”.

O único certo ata o de agora é que de subscribir un convenio coa Seguridade Social para a tramitación do ingreso mínimo vital, “os gastos extra derivados da xestión terán que afrontalos as entidades locais exclusivamente con cargo aos ingresos correntes que prevexan obter no mesmo exercicio en que se inicie o procedemento”.

Ante esta situación, o Partido Popular ve necesaria a creación dun novo fondo que permita ás entidades locais asumir esta xestión de maneira adecuada e sen poñer en risco a tramitación das axudas sociais xa existentes. Ademais, compre coñecer o borrador do texto de convenio que terían que asinar as entidades locais para xestionar o ingreso mínimo vital, co fin de que podan analizar cos seus servizos técnicos as implicacións económicas, xurídicas e de xestión que se derivan do devandito convenio, e valorar adecuadamente se poden asumir esa xestión.

Por último, engadiu Álvarez, as comunidades autónomas deberían ter a garantía de participar da mesma maneira na tramitación e/ou xestión desta axuda se consideran que é o máis adecuado para os seus cidadáns.


Suscíbete:
Redes Sociales: