Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Plácido Álvarez acusa a Rodríguez Villarino de tentar “impoñer unha censura política e partidista” nas institucións gobernadas polo PP

Imprimir ppou - 11-Xuño-2020 - 17:47:16 


• O portavoz do grupo popular de goberno e vicepresidente terceiro da Deputación advertiu que ninguén vai tapar a boca ao goberno provincial, lembrando que o propio responsable do PSOE en Ourense, desde a mesma sala de prensa da Deputación, verte “toda clase de inxurias e mentiras sen límite contra o presidente da institución, contra o goberno provincial e contra o PP, mesmo estando acompañados polos número un e dous da candidatura socialista por Ourense ás eleccións galegas e falando en clave electoral, como fixeron o pasado 27 de maio”.

Ourense, 11 de xuño de 2020.- O portavoz do grupo provincial popular e vicepresidente terceiro da Deputación, Plácido Álvarez Dobaño, denuncia as manobras do responsable provincial socialista e portavoz na Deputación, Rafael Rodríguez Villarino, de tentar “impoñer unha censura política e partidista” nas institucións gobernadas polo PP, con especial énfase na Deputación de Ourense. Álvarez Dobaño responde así á tentativa dos socialistas ourensáns de “desviar a atención sobre a denuncia pública que o presidente da institución provincial, Manuel baltar, fixo onte mércores ao advertir un uso partidista da Subdelegación do Goberno, que viña de facer un requerimento sobre a legalidade das axudas habilitadas pola Deputación a pemes e autónomos.

“Non conforme con poñer todo tipo de trabas ás medidas que desde unha institución como a Deputación se puxeron en marcha para loitar contra as graves consecuencias da pandemia –di o portavoz popular-, agora acode á Xunta Electoral para impedir que a opinión pública poda comprobar como carece da máis mínima ética e moral á hora de retorcer á realidade”.

Álvarez subliña que o presidente da Deputación, na súa intervención do mércores, personalizou en todo momento as súas declaracións tanto no portavoz socialista como no deputado Ignacio Gómez, “manifestando en varias ocasións o seu respecto ao PSOE como partido político, aos seus militantes e aos seus votantes”. Unha formación provincial “que non se presenta ás eleccións, xa que o fai o PSdeG”.

Desde a propia sala de prensa da Deputación de Ourense, engadiu o representante popular, “ambos os dous deputados socialistas, convertidos en denunciadores profesionais, poden verter, como fixeron o martes, toda clase de inxurias e mentiras sen límite contra o presidente da institución, contra o goberno provincial e contra o PP, mesmo estando acompañados polos número un e dous da candidatura socialista por Ourense ás eleccións galegas e falando en clave electoral, como fixeron o pasado 27 de maio”.

Máis en concreto, advertiu Plácido Álvarez, o número dous da lista, Juan Carlos Francisco Rivera, “que realizou manifestacións expresas á cita do 12 de xullo”. Un candidato, engadiu, “que é o que asina o escrito presentado diante da Xunta Electoral e do que seguimos á espera da querela que dixo ía presentar logo de que o PP fixera público un turbio asunto xudicial que semella ter ingredientes típicos da historia dos socialistas como os casos Filesa, Roldán ou os ERE andaluces”.

“Este é o máximo representante do PSOE ourensán, o señor Villarino, o censor político que tenta agochar a utilización partidaria da administración do Estado, o seguidista dunha estratexia de bronca e axitación, dos que practicaron os <venres sociais> en plena campaña electoral ás xerais, e dos que aproveitaron o estado de alarma para colar todo tipo de decretos que nada tiñan que ver coa pandemia”, engadiu Álvarez.

O portavoz popular concluíu advertindo que “ninguén vai tapar a boca a este goberno provincial, que seguirá a cumprir as súas responsabilidades”.


Suscíbete:
Redes Sociales: