Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

  O Concello de Entrimo concedeu de xeito irregular ao secretario de organización do PSOE, Juan Carlos Franciso Rivera, a explotación de montes que a xustiza recoñece como propiedade dos comuneiros

Imprimir ppou - 30-Maio-2020 - 18:49:39 


O Concello de Entrimo concedeu de xeito irregular a Francisco Rivera a explotación de montes que a xustiza recoñece como propiedade dos comuneiros

• A cesión a Madeiras Xurés S.L.U., na que figura como  administrador e socio único Juan Carlos Francisco Rivera, secretario de organización do PSOE de Ourense, exsenador e número dous da candidatura socialista pola provincia na convocatoria das eleccións galegas do 5 de abril, realizouse segundo denuncia o PP de Entrimo ccon infraccións no preceptivo trámite de información pública, conforme ao apercibimento expreso da secretaria do Concello nun expediente que, necesariamente din os populares, determina a nulidade do contrato.

• Unha situación aínda máis grave, sinala o PP, logo de que a xustiza recoñecera hai días e nunha terceira sentenza que os comuneiros deste concello son os legais propietarios dos montes en man común.

30, maio, 2020.

O Concello de Entrimo concedeu de xeito irregular a explotación total e venda da madeira dos montes veciñais do municipio a unha empresa –Madeiras do Xurés S.L.U.-, na que figuraba como administrador e socio único Juan Carlos Francisco Rivera, secretario de organización do PSOE de Ourense, exsenador e número dous da candidatura socialista pola provincia na convocatoria das eleccións galegas do 5 de abril. Unha cesión, que segundo denuncia o PP de Entrimo, realizouse con infraccións no preceptivo trámite de información pública, conforme ao apercibimento expreso da secretaria do Concello nun expediente que, necesariamente din os populares, determina a nulidade do contrato. Unha situación aínda máis grave, denuncia o PP, logo de que a xustiza recoñecera hai días e nunha terceira sentenza que os comuneiros deste concello son os legais propietarios dos montes en man común.

No procedemento de concesión, a secretaria municipal advirte que “non se cumpriron os requisitos de información pública do proxecto de execución (prazo de 30 días hábiles) e o anuncio da convocatoria non especificaba o obxecto do contrato e outros datos precisos”. Sinala ademais que o procedemento realizouse “con infracción dos artigos 81 e seguintes do Regulamento de Bens das entidades locais, que determina que son nulas as concesións que se outorgan sen as formalidades que se establecen nos artigos seguintes”. Nestas condicións, engade, “a contratación pode dar lugar a actos nulos ou anulables segundo a Lei de Contratos das Administracións Públicas”.

Aínda máis, din os populares de Entrimo, xa que na concesión se incluía un compromiso de “investimentos directos industriais” dun mínimo de 901.000 euros e a creación de cinco postos de traballo, o que non se cumpríu.

Para o PP, este xeito de actuar “demostra que o PSOE converteu Entrimo no seu feudo particular, incumprindo as leis, favorecendo a cargos do partido e facendo oídos xordos á xustiza”.

Refírense neste último punto os populares ás tres sentenzas xudiciais que recoñecen aos comuneiros deste concello como legais propietarios dos montes en man común, “o que aínda agrava máis a situación, pois o alcalde segue a actuar como se os montes fosen seus, cando estase a demostrar que só pertencen aos veciños”.

Destacan así que o pasado 18 de maio o xulgado de instrucción número dous de Ourense fallou en favor da titularidade veciñal dos montes de Terra Chá, logo de que outras dúas sentenzas tamén establecerán a propiedade veciñal dos montes comunais das localidades da Illa e Ferreiros, estando aínda pendente de resolución unha cuarta demanda sobre a titularidade dos montes de Casal.

“Os socialistas non só rexen o Concello como o seu reduto particular, para beneficio dos cargos do seu partido e mesmo sendo cómplices da negativa do grupo provincial do PSOE a pedir ao Goberno de España que garanta a autonomía local para que os concellos xestionen con independencia os seus recursos, como ocorreu onte no pleno da Deputación de Ourense”, advierte o PP, “poñendo en serio perigo a economía municipal”. 

Así, fan unha chamada á responsabilidade do goberno local socialista para que acate a decisión da xustiza, renunciando a continuar coas accións legais que leva emprendidas contra estes fallos, pois calculan que os custos destes procedementos xudiciais poden situarse máis aló dos 700.000 euros.

Non queda aí a cousa, din os populares de Entrimo, que lembran ademais o conflito derivado dos incendios ocorridos nestes montes no 2016. O feito de que a titularidade dos montes estivese pendente entón das resolucións xudiciais non constituía un impedimento para que o Concello, que defendía a propiedade, procedera á retirada e alleamento da madeira queimada, que “lle corresponde ao titular do monte –entón aínda o Concello de Entrimo- e os ingresos obtidos deben destinarse á restauración do monte”, tal e como advertía a Consellería de Medio Rural en varias notificacións ignoradas polo alcalde, consellería que noutro informe xa determinaba que o aproveitamento de toda a madeira queimada, ao ter que cortarse por causa dun incendio, “corresponde en exclusiva ao propietario do monte, non correspondendo participación do obtido pola poxa a ningunha empresa”.

Lembra o PP que os propios comuneiros non desbotaban accións legais contra o o goberno local para reclamar os máis de 800.000 euros que, segundo calculaban, se perderon polas continuas excusas, trabas e negativas do rexedor para proceder á curta e poxa da madeira queimada e á rexeneración dos montes afectados, se cumprir cos requerimentos da Xunta.


Suscíbete:
Redes Sociales: