Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PSOE, en contra de todos os concellos de Ourense

Imprimir ppou - 29-Maio-2020 - 16:59:12 


• Os socialistas escenifican o seu sectarismo e a súa deriva política no pleno da Deputación opoñéndose a pedir ao Goberno de España que garanta a autonomía local para que os concellos xestionen con independencia os seus recursos

• O “seguidismo en rabaño” dos socialistas ourensáns ás directrices que marcan Pedro Sánchez e Pablo Iglesias coloca aos concellos da provincia nunha situación de máxima debilidade se as directrices de Madrid se aplican como pretende o PSOE

• Os dous representantes socialistas no pleno de hoxe, Rafael Rodríguez Villarino e Ignacio Gómez, protagonizaron un vergoñento espectáculo dándolle ás costas ás veciñas e veciños dos 92 concellos da provincia, priorizando os intereses partidistas por riba dos aforros dos concellos

Ourense, 29 de maio de 2020.- O portavoz do grupo provincial popular, Plácido Álvarez Dobaño, afirmou ao remate do pleno celebrado hoxe pola institución provincial que “os socialistas retrataron a súa deriva política votando en contra dos concellos de Ourense”, en referencia ao seu posicionamento contrario a unha moción do PP, aprobada polo resto dos grupos políticos, na que se insta ao Goberno central a garantir a autonomía das entidades locais para a xestión dos seus recursos, e a non utilizar os poderes excepcionais que confire o estado de alarma para apropiarse dos seus aforros.

Os socialistas escenificaron hoxe o seu sectarismo e a súa deriva política no pleno da Deputación opoñéndose a pedir ao Goberno de España que garanta a autonomía local para que os concellos poidan xestionar con independencia os seus recursos. Desta maneira, o “seguidismo en rabaño” dos socialistas ourensáns ás directrices que marcan Pedro Sánchez e Pablo Iglesias “coloca aos concellos da provincia nunha situación de máxima debilidade se as directrices de Madrid se aplican como pretende o PSOE”, afirma o voceiro popular.

Os dous representantes socialistas no pleno de hoxe, Rafael Rodríguez Villarino e Ignacio Gómez, protagonizaron un vergoñento espectáculo dándolle ás costas ás veciñas e veciños dos 92 concellos da provincia, “priorizando os intereses partidistas socialistas por riba dos aforros dos concellos”.

“O grupo provincial socialista instalouse nunha estratexia de ataque desesperado sen medir as graves consecuencias que isto pode traer para as economías das entidades locais, nun pésimo exercicio de ”egoísmo político” que lle leva a tomar decisións totalmente absurdas como a que hoxe protagonizaron no plenario da Deputación de Ourense”, advertiu Plácido Álvarez, “como rexeitar un posicionamento institucional en defensa dos aforros de concellos e deputacións”.

Para o portavoz popular, “o PSOE superou con creces calquera límite da incongruencia e da incoherencia votando en contra dunha proposta que foi apoiada unánimemente pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o que significa que tamén foi defendida polos representantes socialistas de todos os concellos socialistas españois”.

Álvarez tamén censurou os argumentos expostos polos socialistas. PrimeIro en comisión informativa, cualificando as intencións do Goberno de “bulos e rumoroloxía”, cando a ministra de Facenda recoñecía o 30 de abril, na súa comparecencia diante da Comisión de Facenda do Congreso, que tiñan a intención de tomar o control dos aforros das entidades locais para responder á crisis económica e social derivada da pandemia. E hoxe no pleno, “ao deputado Ignacio Gómez, notoriamente nervioso por defender o indefendible, tocoulle o papelón da súa vida negando tales intencións”.

Para o portavoz popular, os socialistas ourensáns van ter que dar moito máis que explicacións á veciñanza dos concellos onde gobernan e sobre todo á FEMP que preside o socialista Abel Caballero, por cualificar de “oportunista e electoralista” unha moción que rexeita un ataque sen precedentes na historia democrática deste país á autonomía municipal”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: