Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

  Manuel Baltar: “a campaña electoral será inédita, pero non o noso obxectivo, que é conseguir nove escanos”

Imprimir ppou - 25-Maio-2020 - 17:55:36 


• O presidente provincial emprazou aos representantes locais populares a traballar “como só vós sabedes facer, xerando confianza, proximidade, xestión e entrega, conceptos dos que sabe moito o PP de Ourense”. Un xeito de facer as cousas, engadiu, “que quedará reflectido, como en todos os procesos electorais, nos resultados das urnas e ratificara o traballo continuo que fan os os homes e mulleres do PP en todos os concellos da provincia”.

25, maio, 2020.

O presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, mantivo hoxe unha videoconferencia cos 92 líderes locais populares na provincia para fixar as claves das eleccións galegas do 12J, “nunha campaña que será inédita dadas as circunstancias provocadas pola pandemia, pero non así os nosos obxectivos, que ao igual que na convocatoria do 5 de abril seguen a ser conseguir nove dos catorce escanos que se elixen na provincia”.

  
  
“Na reunión máis ampla celebrada en Ourense a nivel político por este medio, que abre unha nova canle de comunicación permanente”, puntualizou Manuel Baltar, o presidente provincial emprazou aos representantes municipais a traballar “como só vós sabedes facer, xerando confianza, proximidade, xestión e entrega, conceptos dos que sabe moito o PP de Ourense”. Un xeito de facer as cousas, engadiu, “que quedará reflectido, como en todos os procesos electorais, nos resultados das urnas e ratificara o traballo continuo que fan os os homes e mulleres do PP de Ourense en todos os concellos da provincia”.

Manuel Baltar incidiu no carácter inédito destas eleccións, pero non só por ser unha campaña diferente que, ao igual que a propia xornada electoral, terá a seguridade e a saúde das persoas como primeiro obxectivo, “senón tamén polos obxectivos políticos, que neste caso pasan por resolver a disxuntiva entre un goberno popular, avalado pola xestión nestes catro anos, ou non se sabe que alternativa”.

“Si ou si, este proceso electoral tiña que se producir por normalidade e garantía democrática –destacou o presidente provincial- logo da suspensión das eleccións convocadas para o 5 de abril que, “tamén nun exercicio de responsabilidade, foron adiadas no seu momento malia a oposición dalgún partido político”.

Durante esta pandemia, “aínda non rematada, desde o Partido Popular de Ourense dixemos sempre que este era o momento das persoas, de velar pola súa seguridade e polo seu benestar, e hoxe non mudou nada, porque a nosa obriga será ofrecelles un proxecto que lles axude a superar a crise económica e social provocada polo Covid-19”, destacou Baltar, que aproveitou a reunión para felicitar a todos os representantes locais populares polo traballo desenvolvido durante a pandemia “liderando ou propoñendo, segundo o caso, iniciativas de todo tipo en favor da vosa veciñanza”.


Suscíbete:
Redes Sociales: