Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  Manuel Baltar: “Temos que garantir o dereito ao voto dos galegos no momento de maior certeza sanitaria posible”

Imprimir ppou - 18-Maio-2020 - 17:38:19 



• Trala convocatoria de eleccións en Galicia, advirte o presidente provincial do PP, a política non desvía nin por un instante cales son as verdadeiras prioridades, “que non son outras que a loita contra esta pandemia e a reactivación económica e social, pero, precisamente, para facer fronte a novas crises sanitarias e dotar a Galicia dun goberno con plenitude de competencias para preparar a recuperación, é indispensable que os galegos exerzamos o noso dereito ao voto”. 

18, maio, 2020.

O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, avogou hoxe por “garantir o dereito ao voto dos galegos no momento de maior certeza sanitaria posible”, apoiando así a decisión do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó, de convocar as eleccións autonómicas para o 12 de xullo,  evitando deste modo as consecuencias que no marco político autonómico tería un posible rebrote do Covid-19 no outono, tal e como advierten sanitarios e científicos que pode ocorrer.

  
  
A data das eleccións é unha competencia que ten o presidente da Xunta de Galicia, “que exerceu no seu momento, pero que quedou adiada como consecuencia da declaración do estado de alarma pola pandemia”, lembrou Manuel Baltar. Agora, engadiu, e seguindo as conclusións de ata cinco informes técnicos –catro de carácter sanitario e un máis no ámbito legal- “Feijoó decidiu convocar aos galegos ás urnas o 12 de xullo, nun momento no que a situación sanitaria estará máis controlada, evitando as semanas e meses posteriores dada a posibilidade dun rebrote pola chegada de turistas e do outuno, ademais da garantía democrática de supón darlle aos galegos un goberno antes de que remate o prazo legal desta lexislatura, a finais de outubro”.
 
A política non desvía nin por un instante cales son as verdadeiras prioridades, “que non son outras que a loita contra esta pandemia e a reactivación económica e social”, subliñou Baltar, “pero, precisamente, para facer fronte a novas crises sanitarias e dotar a Galicia dun goberno con plenitude de competencias para preparar a recuperación é indispensable que os galegos exerzamos o noso dereito ao voto”.  

A nivel político, di o presidente provincial popular, “nós estabamos preparados para abril, e agora a preparación é a mesma e os obxectivos non varían, que son gañar a confianza dos ourensáns e dos galegos en xeral, que saben apreciar perfectamente a boa xestión”. Outra cousa son os partidos da oposición, “que como no caso dos socialistas mesmo chegaron a comparar esta pandemia co 11M para rexeitar o aprazamento de abril, levan tempo criticando a situación de transición no Parlamento e no Goberno autonómico, aproban no Congreso a posibilidade da convocatoria electoral e agora rexeitan a chamada ás urnas polo temor ao prezo que poderían pagar polo seu apoio á nefasta xestión do multigoberno de Sánchez”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: