Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP de Ourense reclama a apertura de máis pasos fronteirizos con Portugal para facilitar o tránsito de traballadores

Imprimir ppou - 13-Maio-2020 - 11:23:35 


• Nunha interpelación ao Goberno, os representantes populares por Ourense no Congreso, Ana Vázquez e Celso Delgado, destacan que case dous meses despois do peche, con só nove pasos abertos en España –dous en Galicia- e unha situación epidemiolóxica semellante en ambos os dous países, compre facilitar o transporte de mercadorías e o desprazamento de traballadores con fronteiras máis permeables. 

13, maio, 2020.

Os representantes populares por Ourense no Congreso, Ana Vázquez e Celso Delgado, reclaman ao Goberno central a apertura de máis pasos fronteirizos con Portugal, á maior brevidade posible, para facilitar o tránsito de traballadores, afectados polo peche da fronteira hispanolusa desde o pasado 17 de marzo como consecuencia da pandemia da Covid-19.

Nunha pregunta dirixida o Goberno, lembran que desde o inicio da pandemia só quedaron habilitados de norte a sur de España nove pasos fronteirizos para permitir o transporte de mercadorías ou o desprazamento xustificado de traballadores entre ambos os dous países.

En Galicia son dúas as provincias afectadas. Pontevedra, onde só está aberto o paso de Tui-Valença, un dos seis existentes neste territorio. No caso de Ourense -a provincia española con máis quilómetros de fronteira con Portugal (219)- só está aberto o paso de Feces de Abaixo (Verín) con Vila Verde dá Raia (Chaves). 

Case dous meses despois a situación de peche persiste, sinalan os deputados, malia que a situación epidemiolóxica da pandemia mellorou notablemente tanto no norte de Pontugal como en Galicia. 

Isto implica que por exemplo os veciños portugueses próximos a localidades da Baixa Limia, como Lobios, Entrimo, Lobeira, Bande ou Muiños teñan que dar un gran rodeo para poder entrar por un paso autorizado.

O mesmo sucede con outros concellos ourensáns da Limia como Baltar que linda co luso de Montealegre, así como en Padrenda, Calvos de Randín, Oimbra, Vilardevós, A Mezquita, Riós, A Gudiña e Cualedro, todos eles con pasos fronteirizos –hoxe pechados- cara a Portugal. 

Os representantes populares entenden que na situación actual resulta prioritaria a apertura de novos pasos fronteirizos no territorio para a facilitación do tránsito dos traballadores, que deben cruzar cada día a raia para acudir aos seus postos de traballo. 

Lembran que xa este pasado sábado o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha videoconferencia co presidente do Goberno referiuse á situación dos pasos transfronteirizos entre Galicia e o norte de Portugal. Neste sentido, e logo de subliñar que tanto a comunidade galega como Portugal contan cunha situación epidemiolóxica moi parecida, avogou por uns pasos transfronteirizos máis permeables.

Procede pois, indican na súa interpelación, que ambos os gobernos de España e Portugal poñan xa data para a reapertura das fronteiras, sempre atendendo aos criterios de saúde pública pero sen esquecer as necesidades do tránsito dos traballadores e mesmo de facilitar o paso de residentes entre concellos fronteirizos. 


Suscíbete:
Redes Sociales: