Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Plácido Álvarez: “O grupo socialista só actúa buscando escuras manobras que evidencian a súa absoluta ignorancia e sucio interese político”

Imprimir ppou - 05-Maio-2020 - 19:34:07 


  • O portavoz do grupo popular de goberno non entende de que se “felicita” a oposición cando o Consello de contas xa tiña programada desde o pasado ano a fiscalización dos contratos menores da Deputación de Ourense.  

Ourense, 5 de maio de 2020.- O portavoz do grupo provincial popular e vicepresidente terceiro da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez, acusou esta tarde ao grupo  socialista “de actuar buscando unicamente escuras manobras na xestión do goberno provincial, que só evidencian a súa máis absoluta ignorancia e sucio interese político”. Álvarez saíu así ao paso das declaracións do portavoz do grupo socialista, Rafael Rodríguez Villarino, nas que se “felicita” por unha comunicación do  Consello de Contas na que informa da fiscalización dos contratos menores realizados pola administración provincial.

Para o portavoz popular, “ao PSOE fáltalle moita formación e información e sóbranlle prepotencia e ignorancia”, afirmando que “só están afeitos a buscar irregularidades, o que lles leva a actuar aferrándose a calquera información na que se poña en dúbida a esta institución, aínda que só sexa mediante xuízos de valor”.

Plácido Álvarez defende a rigorosidade e transparencia das decisións do goberno provincial, que a finais do pasado mes de xaneiro xa entregara ao grupo socialista toda a información requirida, “sinalando que se precisaban máis datos sobre expedientes concretos estaban á súa disposición na área de Transparencia”. Contratos, engadiu, “que sen excepción incorporan sempre un informe xurídico favorable da Secretaría e a fiscalización previa, igualmente favorable, de Intervención”. 

Todos eses datos, abundou o portavoz popular, están a disposición pública no apartado do Perfil do Contratante da web da  Deputación, “e que para a súa análise o único que hai que facer é dedicarlle tempo, o que nunca teñen a pesar de cobrar unha remuneración pública pola súa dedicación exclusiva ou parcial”.

Álvarez, que lembrou que esta cuestión xa fora amplamente tratada e explicada no pleno do pasado mes de febreiro, advertiu que a comunicación do  Consello de Contas di, textualmente, que “dentro do ámbito de fiscalización selectiva da  Deputación de Ourense, acordada no plan de traballo do  Consello de Contas para o exercicio 2019, está incluído o exámen dos contratos tramitados mediante o procedemento de contratación menor”, polo que non entende de que se felicitan os socialistas ante un procedemento xa previsto.

Nesta liña, Plácido Álvarez tamén destaca que a comunicación do  Consello ten data de saída do xoves 12 de marzo, sendo recibida na Deputación ao día seguinte, venres 13. “É dicir –subliña- ou a súa ignorancia queda demostrada cando tardaron 53 días en coñecer esta información ou quizá haxa xogo sucio detrás, tratando de tapar así a morea de críticas que lle están caendo ao Goberno e ao seu presidente, ao que a prensa internacional cualifica como o rostro do fracaso, polo pago de moitos millóns de euros a empresas con dirección descoñecida ou vinculadas aos chamados papeis de Panamá para a adquisición de material,  incluso triplicando os prezos de  mercardo”.

Álvarez concluíu subliñando que “todos os contratos que realiza a  Deputación están perfecta e legalmente visados pola Secretaría e Vicesecretaria Xeral, a xefatura de servizo de contratación e a intervención, coas máximas garantías nos seus expedientes.


Suscíbete:
Redes Sociales: