Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O grupo provincial do PP considera insultante para as vítimas da pandemia que o PSOE aluda a cuestións de protocolo para non apoiar o loito oficial

Imprimir ppou - 29-Abril-2020 - 17:14:07 


• O portavoz popular e vicepresidente terceiro da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez, expresou hoxe o seu estupor pola falta de apoio do grupo socialista á declaración de loito oficial na provincia de Ourense polos 24.275 falecidos como consecuencia da pandemia provocada polo Covid-19, e nomeadamente polas 112 vítimas rexistradas na provincia. Unha proposta aprobada no pleno extraordinario celebrado hoxe, co voto favorable do resto dos grupos políticos representados na corporación.

Ourense, 29 de abril de 2020.- O grupo provincial do Partido Popular, a través do seu portavoz e vicepresidente terceiro da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez, expresou hoxe o seu estupor pola falta de apoio do grupo socialista á declaración de loito oficial na provincia de Ourense polos 24.275 falecidos como consecuencia da pandemia provocada polo Covid-19, e nomeadamente polas 112 vítimas rexistradas na provincia. Unha proposta aprobada no pleno extraordinario celebrado hoxe, co voto favorable do resto dos grupos políticos representados na corporación.

Para Plácido Álvarez, “negarse a apoiar un xesto de empatía e recoñecemento aos que deixaron a súa vida nesta terrible situación, só pode ser cualificado como un insulto ás súas familias, que non puideron despedir como sería desexable aos seus familiares e seres queridos pola situación de alarma”.

Aínda máis grave se cabe, dixo o portavoz popular, “é aludir a cuestións de protocolo para buscar unha desculpa insostible e carente da máis digna sensibilidade, ademais que demostrar que non leu a declaración, na que se di textualmente que terá efecto desde o día da data, e dicir hoxe, ata o día do cese da pandemia na provincia”.

“Non sei como van mirar á cara aos ourensáns a partir de hoxe”, advertiu Álvarez, que acusou ao PSOE e ao seu portavoz, Rodríguez Villarino, de ser “un mero seguidista do señor Sánchez e o seu goberno, que se nega a declarar loito oficial en España pese á petición reiterada do resto de partidos políticos e do clamor da sociedade”.

O sufrimento da sociedade ourensá, galega e española, subliñou, “non entende de idioloxías e este goberno provincial ten a obriga de demostrar o seu respecto polos falecidos e que está ao carón das persoas que sufren a dor pola morte dos seus seres queridos, e non situar á Deputación de Ourense á marxe desta traxedia”.

A declaración de loito oficial é un primeiro xesto de solidariedade, anunciou o portavoz do grupo popular, “e que ninguén dubide que unha vez superada esta crise sanitaria virán homenaxes, non só aos falecidos, senón a todos os profesionais sanitarios, dos corpos de seguridade, de servizos esenciais, voluntarios e mesmo á propia cidadanía, que coa súa responsabilidade quedando na casa contribuíron a vencer esta pandemia”.


Suscíbete:
Redes Sociales: