Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os senadores ourensáns solicitan a moratoria dos alugueres para o comercio, hostalería e restauración

Imprimir ppou - 29-Abril-2020 - 17:13:09 


• Pese a que miles de empresarios e autónomos da provincia de Ourense non obtiveron ingreso algún desde hai mes e medio, seguen facendo fronte a todos os gastos derivados do seu negocio, entre eles o aluguer, que ten un maior peso nas contas.

• Os propietarios destes negocios, advirten os senadores, seguen a vivir nunha gran incertidume, posto que se está a falar dunha desescalada de dous meses máis e cunha preocupante falta de concreción sobre as medidas de reapertura, que poderían supoñer un importante atranco para a recuperación.

29, abril, 2020.

Os senadores ourensáns, Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte, Francisco José Fernandez e Jesús Vázquez, subscribiron unha moción para o seu debate na Comisión de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, na que solicitan a adopción de medidas específicas dirixidas ao sector servizos en Galicia (comercio minorista, hostalería e restauración) para que podan facer fronte ao pagamento do alugueiro dos seus locais de negocio durante o período no que tiveron que paralizar a súa actividade.

A moción subliña que milleiros de negocios dedicados comercio minorista, hostalería e restauración permanecen pechados na comunidade autónoma galega desde o pasado 14 de marzo, a causa da pandemia do Covid-19 e a entrada en vigor do Real Decreto 463/2020 que suspendía a súa actividade e apertura ao público por tempo indefinido.
Como resultado destas medidas, destacan os senadores ourensáns, miles de empresarios e autónomos da provincia de Ourense non obtiveron ingreso algún desde hai mes e medio. Unha circunstancia que non lles eximiu de facer fronte a todos os gastos derivados do seu negocio e para continuar de alta na súa actividade, como son  impostos, seguros, créditos, auga, luz e o aluguer dos seus locais.  

Este último aspecto, o aluguer, é precisamente un dos gastos fixos que habitualmente teñen maior peso nas contas dos empresarios e autónomos, que polo de agora carecen de medidas de apoio concretas neste capítulo por parte do Goberno central.

Aínda que o Executivo ven de facer público o seu “Plan para a Transición cara unha Nova Normalidade”, o pequeno comercio, a restauración, hostalería e outros servizos seguen a vivir nunha gran incertidume, posto que se está a falar dunha desescalada de dous meses máis e cunha preocupante falta de concreción desas medidas de reapertura. As condicións para a volta á actividade, como o distanciamento físico entre os clientes ou o peche de áreas comúns, lembran os senadores, suporán un importante atranco para a recuperación destes negocios. Non obstante, pemes e autónomos, sen novos ingresos, seguirán facendo fronte ao pagamento dos seus alugueres.

En consecuencia, nunha proposta que tamén asinan o resto dos senadores galegos, o Partido Popular solicita que se poñan en marcha medidas específicas dirixidas aos mencionados sectores galegos, que contribúan a facilitar o cumprimento das súas obrigas no tocante aos contratos de aluguer durante o periodo no que mantiveran pechada a súa actividade, incluíndo deste xeito os alugueres dos locais afectados entre os supostos establecidos no artigo 3 do Real Decreto Lei 11/2020, que establece a moratoria da débeda de arrendamento.

Suscíbete:
Redes Sociales: