Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Plácido Álvarez: “a fartura de mentiras dun odiador profesional como Villarino está a sobrepasar os límites do admisible”

Imprimir ppou - 28-Abril-2020 - 12:59:00 


• Para o portavoz do grupo popular de goberno, dicir que os concellos da provincia gobernados polos socialistas non foron atendidos pola Deputación “é noxento e unha gravísima acusación en tanto dá a entender que non atendemos por igual a toda a veciñanza de Ourense, e iso non imos permitilo”, declarou con contundencia Álvarez, que lembrou que todas as iniciativas de apoio aos concellos teñen o seu correspondente protocolo de solicitude e a disposición de todos os alcaldes.

Ourense, 28 de abril de 2020.- O vicepresidente terceiro da Deputación e portavoz do grupo provincial popular, Plácido Álvarez, denunciou hoxe “a fartura de mentiras dun odiador profesional como Rodríguez Villarino, que está a sobrepasar todos os límites do admisible en política”. Álvarez respondeu así ás últimas declaracións do portavoz socialista na Deputación, no Concello e secretario provincial dos socialistas, “nas que segue a verter, como fixo desde o minuto uno desta pandemia, falsas acusacións e sementando dúbidas sobre o traballlo que desenvolven a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia na loita contra o COVID-19”.

O portavoz popular amosou a súa indignación ante a intolerable actitude do representante socialista, “vertendo mentira tras mentira como única alternativa ao traballo que están a facer un amplísimo equipo de profesionais da Deputación, que só merecen o meu máis absoluto respecto”.

Plácido Álvarez referiuse en concreto ás acusacións de recortes no servizo de recollida de lixo da Deputación, “que demostran a malicia deste persoeiro, que non político”. Así, afirmou, a xestión do lixo estivo activa ao 100 % desde a declaración de emerxencia, tanto como servizo esencial declarado polo Goberno central como por figurar no protocolo xeral de prevención fronte ao COVID-19 no sector público provincial, aprobado e actualizado constantemente por resolucións da Presidencia da Deputación.

Activo ao 100%, tanto en medio materiais como humanos, “coas dificultades engadidas polas medidas de seguridade, coa implicación de traballadores que renunciaron aos seus permisos de conciliación, e mesmo baixas por coronavirus, suplidas con empregados de competencia profesional axeitada, procedentes doutras áreas da Deputación”.

Tamén desminte o peche de puntos limpos. “Seguindo o decreto de alarma e o protocolo provincial, pechouse a atención directa ao público, “aínda que os cidadáns que entregan residuos deben depositalos nos accesos ao recinto, sendo recollidos e introducidos polos operarios”. Plácido Álvarez subliña ademais que estas instruccións “están redactadas coa previsión dunha posible desescalada, porque ata a data ningún veciño pode desprazarse ata un punto limpo por non ser unha actividade permitida”.

SERVIZO ADAPTADO Á DEMANDA E NECESIDADES DOS CONCELLOS

O portavoz dos populares na Deputación rexeitou ademais que se reducira a frecuencia na recollida de lixo. “Só se adaptou o servizo en resposta á demanda, reforzando rutas e reorganizando efectivos para dar unha atención que non rexistrou unha soa queixa por este motivo”. As cantidades de vidro recollidas, por exemplo, baixaron ata un 200 % nos concellos da contorna da capital, “algo absolutamente normal coa hostalería pechada”, e o papel e cartón subiu ata un 300 % na mesma área, “pero baixou considerablemente en zonas como Terras de Caldelas e de Trives, Valdeorras ou Conso-Frieiras”.

Álvarez abondou nas falsedades do portavoz da oposición socialista, desmentindo a falta de desinfección de contenedores, “un labor de competencia municipal que xa realizan e de xeito encomiable os concellos”. O que si se reforzou foi a limpeza dos contenedores, dos que a Deputación 18.000 unidades por toda a provincia, duplicando turnos, traballando festivos, subindo a media de limpeza dos 130 contenedores/día a 200.

Aínda aportou datos sobre o baldeo de rúas que realiza a Deputación e que como consecuencia desta pandemia transformouse en desinfección de espazos públicos atendendo ás peticións dos concellos”. Desde o día 18 de marzo leva atendidas as peticións de 11 concellos, como mínimo dúas veces ao mes, “e todo elo sen desatender a desinfección das 11 plantas de transferencia de residuos que xestiona a Deputación (das 13 que hay na provincia) e que dan servizo á meirande parte dos concellos”.

“Nunca vira un desprezo tan descomunal ao esforzo, a dedicación e profesionalidade duns traballadores, e máis nestes momentos que arriscan a súa saúde todos os días para protexer á cidadanía”,  engadiu.

Dicir que os concellos da provincia gobernados polos socialistas non foron atendidos pola Deputación “é noxento e unha gravísima acusación en tanto dá a entender que non atendemos por igual a toda a veciñanza de Ourense, e iso non imos permitilo”, declarou con contundencia Plácido Álvarez, que lembrou que todas as iniciativas de apoio aos concellos teñen o seu correspondente protocolo de solicitude e a disposición de todos os alcaldes.

O portavoz dos populares confía en que no pleno extraordinario do mércores “toda a sociedade ourensá poda comprobar que fixo o goberno provincial desde a declaración do estado de emerxencia sanitaria en Galicia e a declaración de alarma no Estado, e a histeria electoralista que si demostra o PSOE, o único partido que teima con esta cuestión cando os intereses do goberno da Deputación e da Xunta só están ao prioritario: a saúde e a recuperación económica do día despois”.


Suscíbete:
Redes Sociales: