Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar pide á dirección nacional popular que reclame “o debido protagonismo das entidades locais na saída desta crise”

Imprimir ppou - 26-Abril-2020 - 21:54:26 


• Nunha videoconferencia co presidente do PP, Pablo Casado, o presidente provincial apostou por unha decidida defensa da política provincial fronte a un Goberno “que non coordina, non achega, non axuda e só decepciona”, destacando que o Partido Popular está chamado a xogar un dobre papel neste momento, “sendo espello de xestión alá onde goberne, pero tamén exemplo de oposición e exercela con lealdade”.

26, abril, 2020.

O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, pediu hoxe á dirección nacional do PP que reclame “o debido protagonismo das entidades locais na saída desta crise sanitaria e económica”, cunha decidida defensa da política provincial fronte a un goberno “que non coordina, non achega, non axuda e só decepciona”. Manuel Baltar trasladou esta petición durante a súa intervención na reunión que, por videoconferencia, mantivo o presidente nacional, Pablo Casado, cos presidentes provinciais populares e na que tamén participaron o secretario e vicesecretario xeral,  Teodoro García  Egea e Antonio González  Terol, respectivamente.

  
  
O presidente dos populares ourensáns lembrou que o PP nacional xa deu os primeiros pasos para a defensa das entidades locais, incorporando á estrutura do partido unha secretaría de política provincial “que entende que as provincias non só son circunscricións electorais e que realizan un traballo moi importante apoiando aos concellos e os seus habitantes”.

Para Manuel Baltar, o Partido Popular está chamado a xogar un dobre papel neste momento, “sendo espello de xestión alá onde goberne, sexan concellos, deputacións ou comunidades autónomas, pero tamén exemplo de oposición e exercela con lealdade”.

Desgraciadamente, lamentou, a realidade reflicte que hai dúas formas de traballar e dous modelos, poñendo como exemplo a provincia de Ourense. Por unha banda, dixo, “poñémonos ao dispor do Posto de Mando Avanzado da Xunta de Galicia, achegando medios materiais e recursos humanos, e por outro nos topamos coa Subdelegación do Goberno e a Delegación do Goberno en Galicia que non teñen presenza algunha, non propoñen medidas e moito menos coordinan as actuacións das demais administracións”.

En Ourense, explicou, desde a declaración do estado de alarma “adoptamos a través da Deputación un amplo paquete de medidas, en especial de carácter social con axudas directas a quen sofre as consecuencias desta excepcional situación, ademais de constituír o Comité do Día Despois, para deseñar iniciativas que axuden á recuperación económica e ao emprego, contando para iso con empresarios, autónomos e entidades financeiras, entre outros colectivos e entidades”.
 
DECEPCIÓN “EN MAIÚSCULAS” CO GOBERNO

Agora que se aveciña a ansiada  desescalada, engadiu, “as entidades locais temos que achegar as nosas ideas e propostas, pero nin se nos pediron nin creo que desde o Goberno estean en condicións de organizar nin coordinar nada”.

Non é unha opinión, subliñou Manuel Baltar, “senón unha constatación, onde a decepción é unha palabra que esta semana se escribe con maiúsculas”, despois de participar en dúas videoconferencias con membros do Goberno central. Primeiro con Pedro Sánchez, “ao que tiven a oportunidade de pedirlle máis coordinación, máis axudas e menos propaganda”, e logo con tres ministros –a cuarta vicepresidenta e ministra para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribeira; Sanidade, Salvador  Illa, e Política Territorial, Carolina  Darias- “aínda que todavía hoxe non se para que, pois nin había orde do día, nin datos, protocolos, previsións e moito menos  conclusións; é para asustarse ver en que mans atopámonos”.

O presidente provincial do PP de Ourense, concluíu a súa intervención felicitando á dirección nacional popular polo seu traballo, “que permite trasladar á cidadanía a mensaxe de que hai unha alternativa de goberno á situación caótica que está a demostrar Sánchez e o executivo socialista-comunista”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: