Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Rosendo Fernández reúnese con deporte ourensán para anunciar unha maior implicación do Concello cando sexa alcalde.

Imprimir ppou - 21-Marzo-2011 - 08:41:38 


Ourense, dezanove de marzo de 2011.- O candidato popular á alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, mantivo hoxe un encontro sectorial cos representantes do mundo do deporte da nosa cidade. Un encontro que o alcalde socialista foi incapaz de manter nos catro anos de lexislatura proba do que non debe ser un goberno municipal lastrado pola existencia de dúas áreas -a nacionalista e a socialista- onde o alcalde é un convidado de pedra nas concellerías gobernadas polo BNG.

Rosendo Fernández recolleu as suxestións e propostas dos participantes, que afondaron na necesidade dende o concello de poñer en marcha unha auténtica política deportiva onde o concello ten que deseñar actuacións de apoio a tódalas disciplinas sen vivir de costas aos chamados "clubes e deportistas de élite". Neste senso Rosendo Fernández comprometeuse a redeseñar, coas aportacións de todos e nun proceso definido pola participación, as funcións que desenvolve o Consello Municipal de Deportes. Tamén o candidato popular á alcaldía abondou nas características positivas da posta en marcha da axencia do deporte ourensán que estableza as directrices en materia de política deportiva co máis alto consenso posible de tódolos que pertencen ao ámbito do deporte da nosa cidade e provincia.
Rosendo Fernández continúa así con ese achegamento aos diferentes colectivos e entidades da sociedade ourensán despois de ter mantido encontros sectoriais específicos de infraestructuras, de igualdade, de mocidade, dos profesionais liberais e de creación de emprego. Un labor que seguirá a desenvolverse nas vindeiras semáns para fornecer un proxecto político que se visualizará no programa electoral co que concurrirá ás eleccións municipais do 22 de maio.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: