Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Manuel Baltar e os representantes ourensáns no Congreso e no Senado coordinan as iniciativas políticas fronte á pandemia

Imprimir ppou - 21-Abril-2020 - 15:31:58 


• O presidente provincial do PP destacou o traballo desenvolvido desde o minuto uno desta crise sanitaria pola Deputacion de Ourense e a Xunta de Galicia nos ámbitos sociais e económico, cuestións ás que se referiron os deputados e senadores subliñando a positiva valoración que tiveron por parte dos compañeiros do grupo popular en ambas as dúas cámaras.

• Baltar tamén adiantou as medidas que presentará no pleno extraordinario da Deputación do día 29 e “onde veremos como por primeira vez a institución provincial vai aprobar axudas directas a empresarios e autónomos, cunha clara filosofía de burocracia cero, administración electrónica e execución inmediata.

21, abril, 2020.

“Hoxe non hai outra prioridade que as persoas e as medidas sociais e económicas para facer fronte ás consecuencias desta pandemia”, dixo hoxe o presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, durante a reunión que por videoconferencia mantivo cos representantes ourensáns no Congreso, Ana Vázquez e Celso Delgado, e no Senado, Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte, Francisco José Fernández e Jesús Vázquez. Un encontro de traballo que, segundo destacou Manuel Baltar, “ten se cabe máis importancia que nunca pois a actividade política debe dar resposta inmediata ás necesidades dos cidadáns  nun momento inédito nas nosas vidas”.

  
  
Máis alo da aportación de material de protección para as persoas que todos os días poñen a súa vida perigo pola saúde de todos, o presidente do PP de Ourense destacou o traballo desenvolvido desde o minuto uno desta crise sanitaria pola Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia nos ámbitos sociais e económico, cuestións ás que se referiron os deputados e senadores subliñando a positiva valoración que tiveron por parte dos compañeiros do grupo popular en ambas as dúas cámaras.

Manuel Baltar compartió cos asistentes á reunión as medidas postas en marcha desde a Deputación de Ourense como as axudas sociais para colectivos vulnerables, o reforzo da teleasistencia, da axuda no fogar, a constitución do Comité do Día Despois, a posta a disposición dos concellos dos funcionarios provinciais e dos recursos da Deputación para labores de desinfección, a gratuidade do aparcadoiro da institución provincial no CHUO para persoal sanitario e de servizos o centro de apoio para transportistas e persoal das forzas e corpos de seguridade no Estado no Pazo dos Deportes.

Ademais de informar sobre o contido da reunión mantida a través da FEMP co presidente de Goberno central, o presidente dos populares ourensáns tamén adiantou as medidas que presentará no pleno extraordinario da Deputación do día 29 e “onde veremos como por primeira vez a institución provincial vai aprobar axudas directas a empresarios e autónomos, cunha clara filosofía de burocracia cero, administración electrónica e execución inmediata, deixando para tempos mellores os investimentos en obras”, advertindo ademais da complexidade dunhas medidas “que imos ter que encaixar no importante recorte que se espera nos recursos financeiros das deputacións”.

Pola súa banda, os deputados e senadores non só puxeron en valor o traballo da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia, senón que destacaron o enorme esforzo que están a realizar os concellos, acompañando á veciñanza. Para os representantes populares en Madrid, tamén é importante transmitir que a actividade lexislativa non se detén, citando así cuestións como a supresión da cota de autónomos e a obrigatoriedade de presentar impostos durante o estado de alarma, a extensión da prestación extraordinaria a todos os autónomos que reduciran a súa actividade ata un 40 % no último mes, no lugar do 75 % como fixa o real decret-lei, a axilización do pagamento dos ERTES ou a baixada do IVE ata o 4 % para material de protección como máscaras, luvas e hidroxeles.

Esta foi a primeira das reunións que o presidente provincial do PP manterá cos representantes ourensáns en institucións, estando previsto para esta mesma semana un encontro cos parlamentarios da provincia que participan na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia.


Suscíbete:
Redes Sociales: