Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Plácido Álvarez: “a gratuidade do aparcadoiro da Deputación no CHUO para os sanitarios e traballadores está sobre a mesa desde o minuto uno desta crise”

Imprimir ppou - 14-Abril-2020 - 20:46:20 


  • O portavoz do grupo popular de goberno desvelou que este asunto será incluído na orde do día do pleno do presente mes, logo dos contactos mantidos coa concesionaria do aparcadoiro, “pero esta medida non é sinxela de tomar, pois require dun procedemento administrativo e garantías xurídicas que está a estudar a Secretaría Xeral da Deputación”.

Ourense, 6 de abril de 2020.- O portavoz do grupo provincial popular e vicepresidente terceiro da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez, develou esta tarde que “desde o minuto uno desta crise está sobre a mesa a gratuidade do aparcadoiro da institución provincial no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) para persoal sanitario e de servizos”. Un asunto que, anunciou, será incluído na orde do día do pleno do presente mes de abril.

Plácido Álvarez explicou que desde o momento no que se declarou a pandemia polo Covid-19, o goberno provincial “puxo sobre a mesa toda unha batería de propostas e iniciativas para axudar e colaborar na loita contra esta crise sanitaria, e entre elas figuraba a gratuidade do aparcodoiro da Deputación no CHUO”, pensando en facilitar os desplazamentos en vehículos particulares tanto ao personal sanitario como de servizos que desenvolve o seu labor no complexo.

Os contactos coa concesionaria do aparcadoiro foron inmediatos, engadiu o portavoz do grupo provincial de goberno, “pero esta medida non é sinxela de tomar, pois require dun procedemento administrativo e garantías xurídicas que está a estudar a Secretaría Xeral da Deputación”.

Unha vez que o goberno provincial dispoña de correspondente informe, dixo Álvarez, procederase a acordar o mecanismo que permita ofrecer prazas de aparcamento a coste cero para os citados traballadores.

“Este é o momento de sumar esforzos e non dos partidos”, dixo o portavoz popular, que lamentou que nuns tempos inéditos e tan difíciles como estes o goberno provincial teña que se enterar das ideas e propostas da oposición polos medios de comunicación e redes sociais, “en lugar de presentalas ao goberno para, entre todos, ofrecer a mellor axuda e servizos a todos cantos loitan en primera línea contra esta pandemia, e por suposto para todos os ourensáns”. 


Suscíbete:
Redes Sociales: