Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular seguirá a impulsar o aproveitamento turístico do encoros

Imprimir ppou - 11-Marzo-2020 - 13:11:14 


10, marzo, 2020.

  
  
Os candidatos do Partido Popular pola provincia de Ourense ás eleccións galegas, Gabriel Alén e Jackeline Fernández, acompañados por Román Rodríguez, visitaron esta mañá o paseo fluvial do río Miño en Razamonde, no Concello de Cenlle, para explicar os proxectos que, no ámbito turístico, están a impulsar os concellos da comarca do Ribeiro.

Logo de visitar un novo treito da ruta que comunica Barbantes Estación con Xubín, Gabriel Alén explicou que entre os plans dos representantes populares en Ribadavia, Castrelo de Miño, Cenlle, Punxín e Toén figura un ambicioso proxecto turístico, con actuacións concretas que terán como eixo o encoro de Castrelo.

Así, falou da aposta por conseguir a navegabilidade con fins turísticos polo mencionado encoro, o que permitiría ofrecer un novo xeito de coñecer o Ribeiro, entre Toén e Castrelo, e a construción dunha nova senda peonil que percorrería ambas as dúas ribeiras do río Miño, ampliando así os actuais oito quilómetros de senda xa existentes en Cenlle.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: