Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Marisol Díaz: “a presenza feminina na política é un claro exemplo de igualdade, converténdonos nun espello onde se miren outras mulleres”

Imprimir ppou - 06-Marzo-2020 - 14:49:46 


• Nun acto do PPdeG en Santiago con motivo do Día Internacional da Muller, a cabeza de lista do Partido Popular pola provincia de Ourense afirmou que “podemos falar de significativos progresos tanto na posición como no rol da muller na sociedade e, en particular, na transformación da súa relación coas institucións e a participación activa na vida política”.

6, marzo, 2020.

“A presenza feminina na política é un claro exemplo de igualdade e así debemos transmitilo á sociedade para nos converter nun espello onde se podan mirar outras mulleres”. Así se pronunciou a cabeza de lista do Partido Popular de Ourense ás eleccións autonómicas do 5 de abril, Marisol Díaz Mouteira, durante un acto organizado polo PPdeG en Santiago de Compostela con motivo do Día Internacional da Muller, no que tamén participaron ás números uno das listas populares nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

  
  
O acto organizado polo PP de Galicia tiña dous obxectivos. Por unha banda dar visibilidade, coñecer e recoñecer ás mozas galegas que emprenderon e innovaron en diversos ámbitos de actividade, representadas por un grupo de mulleres que deron ese paso en sectores como a pesca, a gandeiría ou a agricultura. Por outro lado, coñecer o destacado papel que xogan as catro mulleres que encabezan as listas populares para as eleccións galegas.

Dando conta da súa experiencia como delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz afirmou que “podemos falar de significativos progresos tanto na posición como no rol da muller na sociedade e, en particular, na transformación da súa relación coas institucións e a participación activa na vida política”. Proba delo, dixo, “son as 10 alcaldesas e as cinco portavoces da oposición que o PP ten na provincia de Ourense, pero tamén a gran presenza feminina nos órganos de dirección do partido”.

Díaz Mouteira afirmou que desde a súa chegada á administración autonómica e á política “nunca me sentín discriminada por razón do meu sexo, aproveitando as oportunidades profesionais que me foron xurdindo, iso si, con sobreesforzo e custo persoal”.

Nesta liña, apelou á “corresponsabilidade dos homes para facer efectivas, desde o fogar ata o traballo, as políticas de igualdade, utilizando como ferramenta fundamental a educación”, advertindo ao tempo que non se pode caer “no erro de reproducir á contra as sociedades patriarcais, desprezando a figura masculina”.

En resposta a preguntas das asistentes, a cabeza de lista popular pola provincia de Ourense asegurou que non apreciaba diferenzas entre alcaldesas ou alcaldes á hora de formular peticións. “Quizás en tempos pasados, e penso no meu abó como pedáneo, os homes prestaban máis atención ás infraestruturas e ás poucas mulleres que había a cuestións máis sociais; pero hoxe os alcaldes e as alcaldesas son persistentes e non aprezo diferencias de xénero; son homes e mulleres que buscan ter os mellores servizos, sexa no rural ou no entorno máis urbano”.


Suscíbete:
Redes Sociales: