Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Candidatos e dirección do PP ultiman os actos de precampaña e campaña para as eleccións galegas do 5 de abril

Imprimir ppou - 05-Marzo-2020 - 18:53:12 


• O presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que “os populares ourensáns demostrarán, como sempre,  que saímos con ímpeto a gañar, sen confiarnos, pero sabedores de que temos a forza necesaria para contribuír, máis que ninguén, a revalidar a cuarta maioría absoluta de Alberto Núñez Feijoó”.

5, marzo, 2020.

Os candidatos do PP de Ourense e a dirección da formación popular ultimaron hoxe o programa de actos e actividades a desenvolver durante a precampaña e a campaña para as eleccións autonómicas do próximo 5 de abril, nunha reunión celebrada na sede central e na que o presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que “imos demostrar que, como sempre, os populares ourensáns saímos con ímpeto a gañar, sen confiarnos, pero sabedores de que temos a forza necesaria para contribuír, máis que ninguén, a revalidar a cuarta maioría absoluta de Alberto Núñez Feijoó”.

  
  
Fronte aos partidos que só teñen no seu programa apartar do goberno da Xunta ao candidato popular galego, sinalou Manuel Baltar, “nós podemos presentar ante os ourensáns e todos os galegos un balance moi positivo de xestión, de rigor e progreso”.

O presidente provincial lembrou aos candidatos “que vos incorporades á lista dun partido que sempre está en constante actividade, que agora imos intensificar para que os multigobernos e a inestabilidade non se fagan donos de Galicia”.

Ademais do presidente provincial, o coordinador de campaña, Rosendo Fernández, e o xerente do PPOU, Luis Vergara, nesta primeira reunión de traballo participaron os catorce titulares da lista popular ourensá ao Parlamento de Galicia, que encabeza Marisol Díaz Mouteira e na que lle seguen Miguel Santalices Vieira; José González Vázquez; Marta Novoa Iglesias; Antonio Rodríguez Miranda; Noelia Pérez López; Gabriel Alén Castro; José Antonio Armada Pérez; Marta Rodríguez-Vispo; José Luis Ferro Iglesias; Carlos Gómez Salgado; Moisés Blanco Paradelo; Jackeline Fernández Macías; e Maria Antonia Rilo Veiga. 


Saúdos


Suscíbete:
Redes Sociales: