Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar pide que “gañe Feijoó para que gañe Galicia”

Imprimir ppou - 01-Marzo-2020 - 18:41:16 


• No 11 aniversario da primeira maioría absoluta do presidente PPdeG, celebrado no pavillón dos Remedios e totalmente ateigado de militantes e representantes do PP chegados de toda Galicia, e coa presenza do presidente nacional, Pablo Casado, e o presidente de honra da formación, Mariano Rajoy, o presidente provincial do PP ourensán lembrou o récord histórico conseguido nas autonómicas de 2016 “e que imos repetir”.


1, marzo, 2020.

O presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, pediu hoxe aos galegos e galegas unha cuarta maioría absoluta popular “que axude a gañar a Feijoó para que tamén gañe Galicia”. O líder dos populares ourensáns pronunciou estas palabras no acto celebrado esta mañá no pavillón dos Remedios, onde o PPdeG conmemorou o 11 aniversario da primeira victoria do presidente do PP de Galicia e candidato á reelección como presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó.

Nun pavillón totalmente ateigado, Manuel Baltar afirmou que “o partido máis importante de España está hoxe representando en Ourense”, destacando así a presenza do presidente nacional do PP, Pablo Casado, a quen agradeceu “o compromiso coa unidade de España, coa cuestión demográfica e as políticas provinciais”. Palabras de agradecemento que tamén tivo para o presidente de honra da formación popular, Mariano Rajoy, a quen cualificou como “un gran amigo de Ourense”.

Manuel Baltar afirmou que en “34 días, Alberto Núñez Feijoó voltará a ser presidente de Galicia, co apoio dos galegos e as galegas e o traballo da candidatura que encabezará pola provincia de Ourense Marisol Díaz Mouteira, “unha lista que xa encabezou nas autonómicas de 2016 e coa que conseguimos un récord histórico e que imos repetir”.

Nese obxectivo, engadiu, “contamos en Ourense con máis de 27.000 militantes, 462 concelleiros e concelleiras, 60 gobernos locales e os representantes populares na única Deputación galega gobernada, en coalición, polo PP”. Na última cita coas urnas, nas xerais de novembro, lembrou, “fomos quen de conseguir ser a mellor provincia de España en apopio electoral de calquera formación en España”.

En referencia directa ao candidato do PPdeG á reelección para a presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijoó, Baltar felicitou ao presidente popular galego “por estes once anos de compromiso, de xestión, de rigor, de ilusión e de equipo”. Once anos, dixo, nos que ofreceu a Ourense notables melloras nos servizos públicos, en infraestruturas, en sanidade, en deportes ou en educación, onde seremos referencia coa Centro de Innovación da Formación Profesional”, que terá a súa sede na cidade.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: