Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os senadores do PP de Ourense esixen ao Goberno de Sánchez melloras urxentes nas vías de titularidade estatal da cidade

Imprimir ppou - 12-Febreiro-2020 - 14:22:14 


• Jesús Vázquez, Carmen Leyte, Miguel Ángel Viso e Francisco José Fernández denuncian o deterioro que están a sufrir as vías de titularidade estatal na cidade, moi especialmente no barrio da Ponte -onde máis vías deste tipo se concentran- e esixen obras urxentes de mellora. 

• "A deixadez de funcións do Goberno de Sánchez á hora de arranxar o que é da súa responsabilidade e competencia é algo que afecta negativamente a outras administracións que, aínda que quixeran, non poden actuar nin acometer melloras en vías que non son da súa titularidade", sinalan.

12, febreiro, 2020.

Os senadores ourensáns Jesús Vázquez, Carmen Leyte, Miguel Ángel Viso e Francisco José Fernández veñen de rexistrar un escrito no que poñen de manifesto o deterioro que están a sufrir as vías de titularidade estatal na cidade, e moi especialmente no barrio da Ponte, esixindo  que se executen obras urxentes de mellora. “A deixadez de funcións do Goberno de Sánchez á hora de arranxar o que é da súa responsabilidade e competencia é algo que afecta negativamente a outras administracións que, aínda que quixeran, non poden actuar nin acometer melloras en vías que non son da súa titularidade”, sinalan os senadores ourensáns.

Tal e como detallan os senadores ourensáns no seu escrito, as rúas e viais afectados no barrio da Ponte e que son de titularidade do Goberno de España (responsable, polo tanto, da súa conservación, mantemento e mellora) son: avenida de Santiago, avenida de Marín, travesía N-120 (O Pino, Casardomato, Tarascón, Quintela de Canedo, Untes e Santa Cruz de Arrabaldo), travesía N-525 (ata o fin do termo municipal de Ourense), travesía Vía Vella (que discorre paralela á N-120 por O Pino), Eulogio Gómez Franqueira, Ponte Ribeiriño, Ponte Nova, Basilio Álvarez, Francisca Herrera, Vicente Risco e Río Arnoia (no tramo que aínda é de titularidade estatal). 

Todos estas vías son de titularidade do Goberno e, polo tanto, os seus desperfectos (que provocan graves molestias á veciñanza do barrio da Ponte) deben ser arranxados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que dirixe José Luis Ábalos.
 
OUTRAS OBRAS NO RESTO DA CIDADE.

Aínda que é o barrio da Ponte onde máis vías de titularidade estatal se concentran, os senadores ourensáns tamén fixeron referencia, na súa petición de obras de mellora, a outras rúas e viais da cidade como son a avenida Castelao, Curros Enríquez e Otero Pedrayo (nos tramos que aínda son de titularidade estatal), as rúas Lemos, Velle e Ponte da Batundeira e avenida Ribeira Sacra (Peares e Monforte e o Viaducto Autovía Rías Baixas (A-52).

Os senadores piden a planificación prevista polo ministerio de dirixe José Luis Ábalos para a execución destas necesarias obras de mellora, cos seus prazos, así como o detalle dos traballos a executar e o orzamento de cada actuación.


Suscíbete:
Redes Sociales: