Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Os deputados populares denuncian a decisión do Goberno de Pedro Sánchez de pechar as salas do 091 nas Comisarías de Policía de Ourense e Lugo

Imprimir ppou - 06-Febreiro-2020 - 15:50:54 


● Os deputados populares por Ourense, Ana Vázquez  e Celso Delgado, e os lucenses, Jaime De Olano e Joaquín García Díez, rexeitan esta medida e instan por medio de iniciativas parlamentarias a mantelas para garantir a seguridade en ambas as dúas cidades.

6, febreiro, 2020. 

Os deputados populares por Ourense, Ana Vázquez  e Celso Delgado, e os lucenses, Jaime De Olano e Joaquín García Díez, denuncian a decisión do Ministerio do Interior de pechar as salas do 091 nas comisarías de policía das cidades de Ourense e Lugo, noticia que coñeceron por medio de diferentes fontes, entre elas as dos sindicatos policiais.

  
  
Na actualidade, as citadas comisarías contan con salas do 091 que funcionan as 24 horas do día, 365 días ao ano, atendendo a máis de 200.000 veciños en ambas as dúas capitais. 

Nelas traballan abnegados funcionarios policiais con ampla experiencia e coñecemento desas cidades, dos seus barrios, rúas, recunchos e lugares conflitivos.

Estas salas son o órgano de coordinación operativa por excelencia, como servizo máis próximo ao cidadán, recibindo os avisos e distribuíndo os efectivos policiais, estando dotadas de avanzados equipos de comunicacións e medios técnicos para afrontar con eficacia as situacións de emerxencia. 

Na área de telefonía, os axentes atenden as chamadas, recollen os datos precisos e activan de forma telemática os recursos necesarios para resolver a incidencia. O tempo medio de espera das persoas que solicitan o auxilio policial a través do 091 ata que a súa chamada é atendida sitúase ao redor dos 6 segundos.

A zona de radio é a que recibe a información do suceso a través dos operadores e encárgase de contactar coas patrullas máis próximas ao lugar onde se require a presenza de axentes, co obxectivo de diminuír os tempos de resposta policial.
 
Os operadores da sala do 091 son os responsables de  comisionar os servizos e requirimentos operativos ás unidades e dotacións en servizo. Tamén centralizan e dan resposta ás peticións e consultas ás bases de datos de interese policial solicitadas polos axentes en servizo, e transmiten as instrucións oportunas relativas ao cumprimento das normas de aplicación das ordes xudiciais de afastamento e protección das vítimas de violencia de xénero. Ademais, desde este centro de operacións asúmese a coordinación operativa en caso de situacións de risco inmediato, emerxencias e dispositivos especiais.

O peche destas salas e a súa derivación á cidade da Coruña suporía ademais dun agravio a dúas importantes capitais galegas, unha diminución notable na eficacia deste servizo prexudicando a seguridade en ambas as dúas cidades, debido á proximidade e ao coñecemento que deben ter os axentes da zona de influencia. Sendo este un servizo que require de proximidade para que o tempo de reacción sexa o máis rápido posible, cun coñecemento exacto de cada recuncho da cidade. Así resulta máis probable a detención do autor dos feitos, a protección á vítima e, en definitiva, o restablecemento da seguridade cidadá.

Así mesmo, os deputados fan constar que as comisarías da Policía Nacional de Ourense e Lugo contan cun déficit de 49 e 41 axentes respectivamente, polo que é tamén moi necesario e urxente cubrir o total do cadro de persoal.

En definitiva os deputados populares están en aberto desacordo coa  decisión do Ministerio do Interior de que as chamadas ao 091 que se fagan desde Ourense e Lugo pasen á sala da cidade da Coruña. 

Por todo elo rexistraron hoxe no Congreso cinco preguntas sobre esta cuestión e unha Proposición non de Lei que na súa parte dispositiva di:

“O Congreso dos Deputados insta ao Goberno a manter as salas do 091 da Policía Nacional nas Comisarias de Ourense e Lugo, e así mesmo aumentar os medios humanos e materiais cos que contan ditas comisarias provinciais.”


Suscíbete:
Redes Sociales: