Noticias
Blog
Os deputados do PP denuncian o importante retraso no proxecto de mellora da seguridade viaria na intersección da N-525 en Ribela
• Os representantes populares no Congreso pola provincia de Ourense, Ana Vázquez e Celso Delgado, instan ao Ministerio de Transportes a que abandone a desidia e remate a redacción do proxecto, que leva pendente desde 2018
4, febreiro, 2020.
O pasado 12 de decembro de 2019 os deputados populares, Ana Vázquez e Celso Delgado, pola provincia de Ourense rexistraron no Congreso a seguinte pregunta: ¿Que razóns explican o importante atraso por parte do Ministerio de Fomento en concluír o proxecto de trazado "Mellora da seguridade viaria na intersección de Ribela. Construción dunha ligazón e reordenación de accesos na N-525 PK. 244+368. Termo municipal de Coles, Ourense?”
Con data 31 de xaneiro de 2020, o Goberno respondeu que “o proxecto de trazado "Mellora da seguridade viaria na intersección de Ribela. Construción dunha ligazón e reordenación de accesos na N-525 PK. 244+368. Termo municipal de Coles, Ourense” atópase actualmente en fase de redacción, pendente de ser sometido ao trámite de información ao público”.
Esta resposta é moi decepcionante pois evidencia o importante retraso do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) e da súa Dirección Xeral de Estradas en redactar un proxecto que é de reducidas dimensións, pero de gran importancia para seguir mellorando a seguridade viaria.
A demora é moi notable xa que o 3 de xullo de 2019 o Ministerio que dirixe José Luis Ábalos, en resposta a unha pregunta dos deputados ourensáns, dicía sobre este proxecto que “está en fase de redacción e ou seu trazado deberá someterse a información Pública. Unha vez sometida a información pública e aprobado o proxecto de trazado iniciarase a redacción do proxecto de construción”. É dicir exactamente o mesmo que seis meses despois.
En consecuencia, os deputados constatan a desidia do Goberno e denuncian esta importante demora, urxindo ao ministerio a que conclúa xa a redacción do proxecto e dea paso aos seguintes trámites.
ANTECEDENTES
Compre lembrar que a finais de novembro de 2016, na etapa de goberno do Partido Popular, remataron as obras de rehabilitación do firme nas que se invertiron 716.909 euros, incluíndo a sinalización e balizamento, así como a instalación dun radar de tramo, mellorando notablemente a seguridade na estrada N-525 ao seu paso polo municipio de Coles, cando antes era un tramo de alta concentración de accidentes.
Malia todo, os veciños de Ribela e Sobral consideraron que a seguridade estaría máis garantida cando se construira un paso inferior e unha ligazón en Ribela. O actual pintado dunha liña continua impide facer o xiro cara a Ourense polo que, para realizar o cambio de sentido, os condutores deben avanzar uns quilómetros máis arriba, ata ao cruzamento de Gustei.
A súa demanda foi atendida polo goberno popular e, así, en marzo de 2017 o Ministerio deu a orde de estudo previa a redacción deste proxecto. Nos orzamentos de 2018, elaborados polo Goberno do PP e agora prorrogados hai unha partida de 500.000 euros para este fin.