Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Aprobada a liquidación das contas do Partido Popular correspondentes a 2019

Imprimir ppou - 30-Xaneiro-2020 - 17:42:12 


• O presidente provincial, Manuel Baltar, que hoxe cumpriu dez anos como líder dos populares ourensáns, repasou os éxitos logrados nesta etapa e afirmou que este ano “tamén imos demostrar nas autonómicas que seguimos a ser unha forza imbatible e que merecemos de novo a confianza dos ourensáns, porque ademais desta volta está en xogo a estabilidade de Galicia”

30, xaneiro, 2020.

O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde a primeira das reunións dos seus órganos de goberno, coa convocatoria do Comité Executivo para aprobar a liquidación das contas correspondentes ao exercicio de 2019. Un documento económico que reflicte uns ingresos de 411.499,40 euros e uns gastos de 431.576,71 euros. Unha diferenza que ven dada pola necesidade de facer fronte a tres procesos electorais nun mesmo ano, como foron as eleccións xerais e abril e novembro e as municipais de maio.

  
  
O esforzo realizado para estas tres campañas “foi moi importante, pese ao resultado económico final, pero fomos quen de enfrontalo grazas á eficaz xestión realizada nos últimos anos, eficiencia que se engade como máxima prioridade á transparencia diante da militancia e da sociedade”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, que hoxe mesmo cumpriu 10 anos como líder dos populares ourensáns.

Neste tempo, dixo, “obtivemos os mellores resultados electorais que conseguíu nunca a nosa formación, como en 2011 nas municipais (49,50 % dos votos) e nas xerais (56,68 %); nas europeas de 2014 (44,70 %); ou nas autonómicas de 2016 (53,13 %)”. Na etapa recente e cun escenario político inédito, engadiu, “fomos a provincia con maior porcentaxe de apoio ao PP en abril de 2019, o partido que máis maiorías absolutas logrou nas municipais de maio e a primeira provincia en apoio electoral a calquera candidatura en novembro”.

Logo de agradecer o apoio e o compromiso de cargos do partido, institucionais e afiliados, Manuel Baltar subliñou que “tamén imos demostrar nas autonómicas deste ano que seguimos a ser unha forza imbatible e que merecemos de novo a confianza dos ourensáns, porque ademais desta volta está en xogo a estabilidade de Galicia, sen aventuras nin experimentos, e só o PP é quen de ofrecer unha alternativa fiable”.


Suscíbete:
Redes Sociales: