Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

  Os deputados do PP denuncian o incumprimento dos compromisos do Goberno coa licitación da variante exterior e actuacións de integración na estación de Ourense

Imprimir ppou - 30-Xaneiro-2020 - 17:40:42 


• Os representantes populares ourensáns no Congreso, Ana Vázquez e Celso Delgado, reclaman a ADIF-AV que abandone o silencio e dea cumprida información sobre as actuacións xa executadas na estación intermodal e os plans de integración urbana.

30, xaneiro, 2020.

Pouco despois da sesión constitutiva da XIV Lexislatura, os deputados do Partido Popular pola provincia de Ourense, Celso Delgado e Ana Vázquez, rexistraron o 12 de decembro de 2019 varias preguntas ao Goberno, entre ellas estas dúas:

• ¿Cuáles son los motivos por los que no fueron todavía licitadas por ADIF- AV las obras de plataforma de la Variante de Ourense, Conexión Seixalbo-Seixalbo pese a que en el Diario Oficial de la Unión Europea del 7 de marzo, se había anunciado que tendría lugar el 1 de julio de 2019?

• ¿Cuáles son los motivos por los que no fueron todavía licitadas por ADIF- AV las obras de plataforma de la Variante de Ourense, Tunel de Rante- Conexión Seixalbo pese a que en el Diario Oficial de la Unión Europea del 7 de marzo, se había anunciado que tendría lugar el 1 de julio de 2019?

Pois ben ben agora, con data 24 de xaneiro de 2020, o Goberno rexistrou no Congreso unha resposta idéntica para ambas as dúas preguntas:
 “En relación con los asuntos interesados, se señala que en el anuncio del pasado 7 de marzo de 2019 se indicaba como tentativa de licitación del contrato de obras del contrato “Variante de Ourense. Túnel de Rante-Conexión Seixalvo y Conexión Seixalbo-Seixalbo Plataforma, a finales de 2019.  En todo caso, se indica que las publicaciones de anuncio de licitación en el Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE) son informativas, no vinculantes.”

Estas respostas son claramente decepcionantes e evidencian que ADIF-AV, non traballou con dilixencia e acredita no ter vontade real de licitar a variante exterior de alta velocidade ferroviaria entre Taboadela e Ourense, de 16,9 qm.

Lembramos que o 29 de novembro de 2018 a presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera, estivo en Ourense para pronunciar unha conferencia titulada “As dúas caras do AVE. Desenvolvemento da obra e impacto socioeconómico”.

Nese día a presidenta falou da variante exterior de Ourense e dixo: “optouse por aproveitar o trazado actual e modernizalo con 104 millóns, pero hai unha variante que se fará, que espera pola adecuación dos proxectos á normativa, porque nós pensamos en termos ferroviarios e quedarnos con 14 qm. de vía única na entrada de Ourense pode, nalgún momento, condicionar a fiabilidade da liña. Adif ten que ter flexibilidade para que non haxa incidencias". 

Engadiu entón Pardo de Vera que confiaba en que os proxectos da variante exterior estivesen listos en seis meses para proceder á licitación da primeira fase, de 135 millóns de euros.

Confiando nestas palabras, esperamos os deputados desde aquela data algúns meses, e así o 7 de marzo de 2019 o Diario Oficial da Unión Europea publicaba tres anuncios periódicos indicativos, que tiñan por obxecto reducir prazos de recepción de ofertas.

Ditos anuncios prevían estimativamente a licitación o 1 de xullo de 2019 dos tramos de plataforma Taboadela-túnel de Rante, por valor de 88 millóns de euros, o túnel de Rante-Conexión Seixalbo (21 millóns) e o da conexión  Seixalbo-Seixalbo (9 millóns), todos eles co IVE excluído.

Pois ben, nada do anunciado foi cumprido por ADIF-AV, non se remataron os proxectos en seis meses e non foi publicada a licitación das obras dos tramos mencionados.
 
ESTACIÓN INTERMODAL DE OURENSE.

Os deputados populares seguen á espera de que o Goberno responda a outras preguntas parlamentarias, que teñen que ver con compromisos adquiridos en relación con actuacións na estación intermodal de Ourense.

En concreto, os motivos polos que non foron aínda licitadas por ADIF-AV as obras para cubrir a praia de vías, a estrutura e urbanización e viario rodado sobre a praia de vías da estación de alta velocidade de Ourense, pese a que no Diario Oficial da Unión Europea do 7 de marzo de 2019 anunciouse que tería lugar o 1 de xullo de 2019.

Os representantes populares sospeitan que ante este notorio incumprimento a resposta sexa de novo tan evasiva como as da variante exterior, e que se diga que estas publicacións no DOUE son “informativas e non vinculantes”. ADIF-AV debe abandonar o silencio e actuar con transparencia e responsabilidade.

Os deputados reclaman -como ten pedido a Xunta de Galicia- a convocatoria urxente da comisión de seguimento da estación intermodal de Ourense para que o Ministerio  Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA), e ADIF-AV expliquen as razóns destes incumprimentos, tanto sobre variante exterior como sobre as actuacións nas diversas fases da intermodal.

Compre lembrar que no Convenio Marco de Colaboración subscrito o pasado 22 de xuño de 2016 entre Adif Alta Velocidade, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense, existe na clausula quinta o compromiso de Adif Alta Velocidade de “redactar e aprobar os proxectos básicos e de execución tanto das obras correspondentes á estación do ferrocarril que permitan su adaptación aos servizos de alta velocidade, como das actuacións de mellora da permeabilidade transversal peatonal da cidade na zona da estación así como de executar e financiar ditas obras”

É dicir a  reforma da estación ferroviaria, na súa praia de vías e plataformas, así como a integración urbana dos barrios da Ponte e do Vinteún, son responsabilidades do MITMA e polo tanto debe dar explicacións urxentes.

Por elo ADIF-AV debe tamén informar á opinión pública sobre as obras de  remodelación de vías e plataformas da estación de Ourense –que deseñaron e proxectaron os seus enxeñeiros- adxudicadas en xuño de 2018 por importe de 13.695.205 millóns de euros, comezando en agosto de 2018 e que están na súa fase final.

Obras que son indispensables para que a terminal ourensá sexa compatible coa chegada de trens de alta velocidade en ancho estándar (1.435 mm) nos prazos comprometidos.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: