Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Comité executivo provincial: O Partido Popular de Ourense aprobou os seus orzamentos para 2020

Imprimir ppou - 10-Decembro-2019 - 19:52:49 


• O presidente dos populares ourensáns, Manuel Baltar, afirmou que “desde a dirección provincial fíxose un rigoroso traballo de xestión que nos permite manter a liña económica de anos anteriores e afrontar próximos retos”, en referencia ás eleccións autonómicas do próximo ano ou, no seu caso, unha eventual repetición das xerais.

10, decembro, 2019.

A dirección provincial do Partido Popular de Ourense pechou esta tarde a súa actividade orgánica no presente ano coa convocatoria do comité executivo, que tiña como principal asunto da orde do día a aprobación dos orzamentos para 2020. Segundo o plan económico para o próximo exercicio, a formación popular disporá de 321.500 euros, cantidade que procede de diversas vías. Estas son as cotas dos afiliados, as aportacións que realizan os cargos públicos do partido e as transferencias dos grupos políticos provincial e municipal do Concello de Ourense e do Partido Popular de Galicia. 

  
  
Os orzamentos para 2020 reflicten un descenso de algo máis do 9 % con respecto ao actual exercicio, debido ao esforzo realizado con motivo das tres convocatorias electorais celebradas en abril, maio e novembro. 

Con todo, destacou o presidente dos populares ourensáns, Manuel Baltar, “desde a dirección provincial fíxose un rigoroso traballo de xestión que nos permite manter a liña económica de anos anteriores e afrontar próximos retos”, en referencia ás eleccións autonómicas do próximo ano ou, no seu caso, unha eventual repetición das xerais.

Coa aprobación dos orzamentos, dixo Manuel Baltar, o Partido Popular “segue a estratexia de planificación e anticipación que tamén aplica na Deputación de Ourense, rendendo contas nun exemplo de transparencia esixe a cidadanía e que non fai ningunha outra formación política da provincia”.

O presidente provincial quixo tamén expresar a súa máis cordial felicitación aos membros da dirección, cargos institucionais e de representación, alcaldes e portavoces populares, afiliados e simpatizantes “polo enorme esforzo realizado nun momento político único na historia da nosa democracia, no que tivemos que dar o douscentos por cen do noso traballo para demostrarlle á cidadanía que só temos un interese, Ourense por riba de todo”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: