Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Os deputados do PP advirten que A 26 días para que remate 2019 o Goberno aínda non licitou as obras do primeiro tramo da variante norte de Ourense

Imprimir ppou - 10-Decembro-2019 - 14:11:23 


• Ana Vázquez e Celso Delgado esixen ao Goberno en funcións que antes do remate deste ano licite as obras da estrada entre Eirasvedras e Quintela e a variante ferroviaria exterior.

• Lembran que non hai obstáculo administrativo ou orzamentario que impida esta necesaria licitación.

5 de decembro, 2019.

Os deputados do PP de Ourense, Ana Vázquez e Celso Delgado a tan só 26 días de rematar 2019, denuncian que o goberno socialista aínda non licitou as obras, da variante norte de Ourense, no tramo de Enlace de Eirasvedras coa N-120 no seu pq. 573,800- Enlace de Quintela coa N-120 no seu pq. 572,000.

Recordan que levan todo o ano reclamando no ámbito parlamentario esta licitación e con maior insistencia desde que o proxecto de construcción deste tramo fora sometido á Auditoría de Seguridade Viaria -despois de meses de longa espera- e que fora aprobado pola Dirección Xeral de Estradas o pasado día 22 de abril de 2019 cun orzamento de licitación de 34,31 millóns de euros.

“Non caben máis escusas por parte do Ministerio de Fomento”, afirmaron os representantes ourensáns, recordando de novo que nos Orzamentos Xerais do Estado -elaborados polo executivo de Rajoy e aínda prorrogados-  existe unha partida consignada de 2,5 millóns de euros para licitar as obras deste tramo, existindo claramente dispoñibilidade orzamentaria “polo que o único que é preciso é vontade política de licitar”.

Recordaron tamén que Pedro Sánchez presentou a principios deste ano un proxecto de orzamentos para 2019 no que para este tramo non existía consignación algunha, o que provocou enormes protestas. Afortunadamente estos orzamentos foron rexeitados.

Afirman que o feito de que o 21 de novembro fora  publicado no BOE un anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, de sometemento a información pública deste tramo previa á ocupación dos bens e dereitos afectados, non condiciona en modo algún que poida facerse xa a licitación.

O presidente en funcións Sánchez e o ministro Ábalos, máis ocupados en tarefas políticas que de xestión, non poder abdicar das suas obrigas. Teñen a  responsabilidade, e tamén a capacidade, de impulsar unha das infraestruturas máis urxentes e importantes para Ourense, como é a variante norte, polo que insistimos en que consideramos un agravio esta deliberada demora e esiximos ao Goberno que lev,  antes de que remate 2019 – en tan só restan 26 días - ao Consello de  Ministros este expediente é licite as obras do tramo Eirasvedras-Quintela, deixando de expoñer condicionantes orzamentarios o de outro tipo, todos eles inxustificados, xa que un goberno en funcións non é un goberno sen obligacións.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: