Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Comunicado dos grupos provinciais do Partido Popular, Democracia Ourensana, e Ciudadanos

Imprimir ppou - 02-Decembro-2019 - 14:57:57 


Ourense, 2 de decembro de 2019. Os grupos provinciais do Partido Popular, Democracia Ourensana e Ciudadanos representados na corporación provincial, e a través dos seus portavoces, Plácido Álvarez, Miguel Caride e Monserrat Lama, denuncian a deleznable práctica política do portavoz do grupo provincial socialista, Rafael Rodríguez Villarino, baseada na manipulación, na mentira e no insulto.

PP, DO e Ciudadanos amosan o seu máis absoluto rexeitamento á desprezable falta de principios amosada polo representante socialista ao falsear, manipular e mentir nas redes sociais, sen ningún tipo de vergoña, sobre acontecido no pleno ordinario da corporación provincial celebrado o pasado 29 de novembro.

Falsidade ao atreverse a a dicir que os tres grupos políticos que asinan este comunicado votaron en contra dunha proposta para manter o servizo de paritorio do hospital de Verín, asunto que NON SE TRATOU NA SESIÓN, posto que o grupo socialista tan só presentou unha emenda “in voce” para modificar o título da súa moción e incluír unha breve mención ao citado centro asistencial, nunha execrable tentativa de sacar rédito político deste tema.

Manipulación, pois publica nas redes sociais unha moción que, sen certificación oficial algunha, difire no seu título, texto expositivo e apartado propositivo da rexistrada con data de 14 de novembro. 

Mentira, xa que a deputada de Ciudadanos presentara en xunta de portavoces unha proposta de declaración institucional sobre o hospital de Verín, que Rodríguez Villarino rexeitou para arrogarse despois a iniciativa no pleno pretendendo obter unha rexeitable rentabilidade política á que se opuxo o Partido Popular, defendendo que un tema destas características non mecería un título e unha frase, senón un acordo de apoio claro e determinante para a mellora dos servizos sanitarios nunha comarca tan importante como a de Monterrei.

A falta de principios do representante socialista chega xa a extremos inaceptables publicando nas redes sociais, un por un, os nomes dos deputados dos grupos do PP, DO, e C´s, cando o propio Villarino utliza como argumento para defenderse que “os partidos están por riba das persoas”.

Partido Popular, Democracia Ourensana e Ciudadanos queren poñer de manifesto diante da opinión pública as continuas mostras da total carencia de habilidade política de Rodríguez Villarino; a falta de empatía persoal para chegar a acordos -dentro e fóra da sua organización-; de credibilidade; da súa constante actitude destrutiva, do insulto permanente; ou das súas inxurias á Deputación de Ourense, institución que lle paga e autorizou a compatibilizar esta nómina con outro soldo público.

Un partido histórico como o PSOE non se pode permitir ter un “líder” que está a facer todo o posible por destruír a súa formación con continuos comportamentos dictatoriais, proxectanado odio e xenreira na politica ourensá

Así pois, os tres grupos asinantes deste comunicado solicitan, por hixiene democrática, que  Rafael Rodríguez Villarino renuncie á actividade política pola súa actitude violenta, mentireira, destrutiva e manipuladora, posto que non aporta a Ourense máis que probas diarias da súa baixisima catadura moral e dun arrepiante perfil, exemplo da peor politica: a dun caudillo desesperado.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: