Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións 10N: O PP de Ourense se convirte na primiera formación de España en apoio electoral a calquera candidatura

Imprimir ppou - 13-Novembro-2019 - 19:55:41 


• Na habitual xunta directiva de análise de resultados, o presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que o PP de Ourense “se consolida como formación hexemónica na provincia e no liderado nacional dos populares”.

• Co 39,41 % dos votos, o PP ourensán supera aos populares de Lugo e a os socialistas de Cáceres, Badaxoz e Xaén, todos eles por riba do 38 %. 

• A victoria quedou referendada hoxe mesmo con 1.042 votos máis, segundo o reconto do CERA (Censo de Residentes Ausentes) celebrado esta mañá na Audiencia provincial, situando de novo a Ourense no primeiro posto de Galicia co 35,05 % de apoio.

13, novembro, 2019.

As eleccións eleccións  xerais do 10 de novembro deixaron un novo récord para o Partido Popular de Ourense, que situou á provincia como a primeira de España en apoio electoral a calquera candidatura. Así se reflicte na análise que os populares ourensáns fixeron hoxe dos resultados obtivos o pasado domingo, no decurso da xa habitual xunta directiva poselectoral. Unha reunión na que o presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que o PP de Ourense “se consolida como formación hexemónica na provincia e no liderado nacional dos populares”. Unha victoria, engadiu, referendada hoxe mesmo con 1.042 votos máis, segundo o reconto do CERA (Censo de Residentes Ausentes) celebrado esta mañá na Audiencia provincial, situando de novo a Ourense no primeiro posto de Galicia co 35,05 % de apoio.

  
  
O PP ourensán situouse por riba das 52 provincias españolas cun 39,41 % de apoio electoral, superando a Lugo, onde tamén gañaron os populares, e a Cáceres, Badaxoz e Xaén, onde os socialistas foron os máis votados. 

Estes datos, destacou Baltar, “non só nos sitúan de novo como a forza política máis votada en Ourense e en España, senón que ademais somos a única da provincia que conseguíu máis votos e maior porcentaxe de apoio electoral, casi 5 puntos, que nas eleccións de abril, o que nin tan siquera pode dicir algún dos candidatos doutras formacións que nin chegaron a ser os máis votados nos seus propios concellos”.

O presidente provincial explicou que esta nova victoria ten a súa base “no compromiso e na implicación de todas as persoas que integran a organización popular –agradecendo tamén o labor dos 1.331 interventores e apoderados-, pero sobre todo nos 67.580 ourensáns que confiaron nun partido ambicioso, que con total transparencia fai públicos os seus obxectivos electorais e que no seu programa ten unha palabra clave: Ourense”.

Manuel Baltar puxo o punto seguido ao traballo desenvolvido neste longo ano de citas electorais. “Punto e seguido –subliñou- porque mañá mesmo comezaremos a prepararnos para a seguinte convocatoria, as autonómicas de 2020, se antes non temos que votar de novo”, puntualizou. Para o presidente provincial, o encontro coas urnas en Galicia “tamén vai ser decisivo, posto que nos xogamos o progreso fronte a un goberno que, de cuaxar, vai ter ducias de intereses, pero de seguro nin Galicia nin Ourense estarán entre eles”.
 
PRIMEIRA FORZA MÁIS VOTADA EN 74 CONCELLOS.

Trala intervención do presidente, os membros da xunta tiveron ocasión de analizar os resultados do domingo, a través dun amplo documento no que se recollen todo tipo de datos e extrapolacións por concellos, xuntas electorais e institucións.

Entres os aspectos destacados por Manuel Baltar, figuran entre outros os seguintes:

• O PP incrementou en 4 puntos o apoio recibido nas urnas con respecto ás eleccións de abril.

• Tamén no Senado conseguíu que o número uno da lista popular, Miguel Ángel Viso, fose o candidato máis votado de España (41,13 %).

• No reconto do CERA o PP conseguíu un 35,05 % dos votos, é dicir, 1.042 votos máis para o Congreso e 3.229 máis para o Senado.

• Por concellos, o PP logrou 74 victorias, obtendo máis do 50% de apoio en 37 concellos. Beariz, tal e como aconteceu en maio, foi o concello que logrou maior apoio (79.88 %).

• Os populares tamén foron a lista máis votada en cinco dos concellos máis poboados da provincia: O Carballiño, Verín, Xinzo de Limia, Celanova e Pereiro de Aguiar.

• Na extrapolación de resultados a nivel municipal, o PP obtería 61 maiorías absolutas, oito máis que as conseguidas nas pasadas eleccións locais de maio; 13 maiorías relativas; e 488 concelleiros, vinte e seis máis que os actuáis.

• Na Deputación de Ourense manteríase como a forza con máis deputados e no Parlamento galego sería a primeira en representación ourensá.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: