Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Xerais 10N: Manuel Baltar pide aos ourensáns “que nos devolvan a súa confianza cun voto maioritario ao PP para gobernar España e rachar coa deriva de Sánchez

Imprimir ppou - 08-Novembro-2019 - 17:43:38 


• O presidente provincial fixo balance do traballo dos populares ourensáns neste proceso electoral, “esperando agora un resultado consecuente con ese traballo, porque ademais somos a única formación que non agochamos os nosos obxectivos, que son conseguir tres dos catro deputados no Congreso en xogo e os tres senadores que tiñamos”.

• Antes do peche de campaña, con mitin en Celanova e un magosto popular en Aixiña, a cabeza de lista ao Congreso, Ana Vázquez, e o número uno ao Senado, Miguel Ángel Viso, afirmaron que hai unha opción certa de conseguir un goberno do PP para que Ourense e España se poñan en marcha.

8, novembro, 2019.

“O próximo 3 de decembro, cando se constitúan as Cortes Xerais, os representantes populares que saian escollidos o domingo saberán perfectamente o que hai que facer, nin máis nin menos que gobernar España para rachar coa deriva política de Sánchez, e para iso pedimos aos ourensáns que nos devolvan a súa confianza cun voto maioritario ao PP”. O presidente provincial, Manuel Baltar, fixo hoxe esta chamada “ao voto útil, pero máis necesario que nunca”, en vésperas “dunhas das eleccións máis importantes na historia de España e nas que Ourense unha vez máis vai a responder”.

  
  
Antes de iniciar a última xornada de campaña, que o PP pechou cun mitin en Celanova e un magosto popular en Aixiña, Manuel Baltar, acompañado polos candidatos ao Congreso e ao Senado, ademais do coordinador de campaña e secretario xeral do PP ourensán, Rosendo Fernández, agradeceu o traballo realizado por toda a organización popular, non só durante esta breve campaña senón en semanas anteriores, “porque somos a única formación desta provincia que podemos dicir que estamos en permanente actividade, haxa ou non eleccións”.

Así, Baltar destacou as 110 actividades realizadas polo partido entre reunións de órganos de dirección coas agrupacións locais dos sete partidos xudiciais da provincia, actos sectoriais ou encontros con axentes económicos e sociais.
“Esperamos un resultado consecuente con ese traballo –dixo- porque ademais somos a única formación que non agochamos os nosos obxectivos, que son conseguir tres dos catro deputados no Congreso en xogo e os tres senadores que tiñamos”. 
Para o presidente provincial este é o momento de conseguir ese terceiro deputado, como en xuño de 2016, “despois de constatar para que serviu este tempo de Sánchez na Moncloa e malia o hartazgo que poda existir entre os cidadáns, logo de catro convocatorias electorais en menos de 200 días”.

Baltar pediu acudir ás urnas coa papeleta do PP “que é a única que pode producir un cambio”, unha mensaxe que dirixiu ao 26 % dos ourensáns que se abstiveron nas xerais de abril. Pero tamén falou para os 30.000 votantes doutras opcións, “que só un mes máis tarde retiraron significativamente o seu apoio a estes partidos”. Todo o contrario que o PP, “que medrou desde as xerais ás municipais, gañando en ambas as dúas convocatorias e mesmo tamén nas europeas”.

Baltar cre que o domingo pode mudar a situación política en España cunha victoria do PP, “sempre que unamos o voto, porque votar a esas outras opcións é votar a Sánchez, o irresponsable que está desgobernando España”.
 
ANA VÁZQUEZ: “FIXEMOS UNHA CAMPAÑA COMO SÓ SABEMOS FACER, PENSANDO EN OURENSE E CUNHA OPCIÓN CERTA DE DESBLOQUEAR A SITUACIÓN CUN GOBERNO DO PP”. 

Ana Vázquez, cabeza de lista ao Congreso, destacou a intensidade dunha campaña electoral, “máis pequeña, pero na que vimos como as gañas de mudar esta situación ían a máis co paso dos días”. Vázquez afirmou que así o constataron nos encontros previos á campaña cos axentes económicos e sociais, cos que falaron de infraestruturas, o reto demográfico, a agricultura e a gandeiría, o potencial termal ou cuestións transfronterizas.

Unhas xuntanzas, puntualizou a candidata, que non foron froito da improvisación, “senón do traballo que os representantes no Congreso e no Senado fixemos nesta fallida lexislatura, interpelando ao Goberno sobre proxectos necesarios e importantes para a provincia de Ourense, o que nos converteu na cuarta provincia de España con máis iniciativas parlamentarias”. Agora, engadiu, “fixemos unha campaña como só sabemos facer, pensando en Ourense e cunha opción certa de desbloquear a situación cun goberno do PP”.

MIGUEL ÁNGEL VISO: “UNHA VEZ MÁIS PEDIMOS A UNIDADE DO VOTO PARA CONSEGUIR QUE OURENSE E ESPAÑA SE POÑAN EN MARCHA”. 

“Temos un equipo perfectamente preparado e coordinado para empezar a traballar desde o minuto uno”, dixo entre tanto o cabeza de lista ao Senado, Miguel Ángel Viso, “cun amplo coñecemento das necesidades da provincia grazas a esa intensa axenda de encontros de precampaña”. Unha cuestión que puxo en valor, “sobre todo vendo como outras forzas políticas non poden presumir de coñecer a provincia como a coñecemos os populares”.

O candidato compartiu “as boas sensacións que estamos a percibir no amplo percorrido pola provincia”, pedindo unha vez máis a unidade do voto para conseguir que Ourense e España se poñan en marcha, fronte a un Sánchez en permanente campaña electoral, ignorando a Galicia e á nosa provincia, como así o fixeron os representantes socialistas ourensáns nas Cortes, completamente desaparecidos”.


Suscíbete:
Redes Sociales: