Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Xerais 10N: Manuel Baltar pide o voto unánime dos ourensáns ao PP para lograr un goberno “solido, estable e fiable”

Imprimir ppou - 07-Novembro-2019 - 17:19:46 


• O presidente provincial popular contrapuxo a falta de liderado de Sánchez “á capacidade de xestión, de deseñar programas realizables e de pacto do PP ourensán, con gobernos que son quen de aprobar orzamentos, como fixo a Deputación hai 42 días” e liderando iniciativas de calado como o Centro de Innovación da FP ou o Observatorio do Medio Rural.

• A candidata ao Congreso, Ana Vázquez, afirmou que unir o voto nestas eleccións significa pensar en España, en Galicia e Ourense, “para liderar un goberno en Madrid que non nos marxine, e dicirlle aos seguidistas de Sánchez que non temos fatiga democrática e que acudiremos ás urnas pensado sempre en ofrecerlle solucións aos cidadáns”.

7, novembro, 2019.

O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, pediu hoxe o voto unánime dos ourensáns ao PP como a única vía capaz de garantir un goberno “sólido, estable e fiable”, apelando á capacidade de xestión, experiencia e compromiso dos populares, “como así estamos a demostrar no goberno local de Ourense, na Deputación e na Xunta de Galicia”.

  
  
No mitin central celebrado hoxe en Expourense, coa presenza de Alberto Núñez Feijóo, presidente do PPdeG, Baltar reclamou un voto unido en torno ás siglas do PP “para ofrecer aos ourensáns un interlocutor válido en Madrid que nos escoite e cumpra os seus compromisos coa nosa provincia, poñendo punto final a esta etapa de incertidume e inestabilidade que foi o único logro dos socialistas nos últimos dezaseis meses”.

O presidente provincial contrapuxo a falta de liderado de Sánchez “á capacidade de xestión, de deseñar programas realizables e de pacto do PP ourensán, con gobernos que son quen de aprobar orzamentos, porque haberá orzamentos no Concello de Ourense, porque na Deputación fomos a primeira administración pública de España e aprobalos hai 42 días e porque a Xunta de Galicia xa entregou no Parlamento o seu proxecto económico para o próximo ano”.  

Esa é a diferenza entre un goberno socialista que non funciona e os gobernos populares, “que si saben cumprir coas súas obrigas e traballar polos cidadáns, como facemos no PP de Ourense, tomando desde a Deputación a iniciativa na candidatura da Ribeira Sacra a patrimonio mundial da Unesco, planificando o protagonismo que deberán ter os camiños de Santiago na provincia no Xacobeo 2021, impulsando a marca Ourense como provincia termal, apostando por ser referente da formación en Galicia co Centro de Innovación da FP, ou o emprego tecnolóxico co proxecto Provincia Intelixente e afrontando os retos do futuro co Observatorio do Medio Rural”.

VÁZQUEZ: “IMOS ENSINAR A SÁNCHEZ A PORTA DE SAÍDA DA MONCLOA”.

Pola súa banda, a cabeza de lista polo Congreso, Ana Vázquez, iniciou a súa intervención no mitin central de Ourense cunhas palabras de apoio aos membros dos Corpos e Forzas de Seguridade –Policía Nacional, Garda Civil, Mossos d´Esquadra- que en días pasados defenderon a liberdade nas rúas de Cataluña, “sufrindo nas súas carnes a ira do independentismo e que o próximo domingo van traballar a reo para permitir que todos os cataláns que tamén se sinten españois podan votar coa máis absoluta liberdade”.

  
  
Vázquez afirmou que unir o voto nestas eleccións significa pensar en España, en Galicia e Ourense, “para liderar un goberno en Madrid que non nos marxine, que non haxa que reclamar cartos ao Estado ou que non aprace a chegada do AVE”. Un voto unido, engadiu, “co que dicirlle aos seguidistas de Sánchez que non temos fatiga democrática e que acudiremos ás urnas cantas veces sexa preciso, pensado sempre en ofrecerlle solucións aos cidadáns e para liderar un goberno ao que non lle van tremer as pernas para tomar decisións”.
Despois de oito meses e medio cun goberno socialista instalado na parálise e dezaseis meses de inestabilidade, a cabeza de lista do PP ourensán ao Congreso asegurou que o próximo domingo o PP pode “facer historia, poñendo fin ao bloqueo para comezar a traballar, e para iso temos a ferramenta máis importante e a máis efectiva: a papeleta do Partido Popular, coa que imos a ensinar a Sánchez a porta de saída da Moncloa”.

Suscíbete:
Redes Sociales: