Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP conmemora o Día Internacional da Muller cun acto na rúa Clara Campoamor de Ourense

Imprimir ppou - 08-Marzo-2011 - 15:22:30 

A Área de Igualdade do Partido Popular de Ourense, coordinada por María Antonia Rilo, organizou hoxe, 8 de marzo, na rúa Clara Campoamor un acto de homenaxe con motivo do Día Internacional da Muller, dedicado este ano á muller discapacitada. Ao acto asistiriu o secretario provincial do PP de Ourense e candidato á alcaldía, Rosendo Fernández, así como o presidente provincial, Manuel Baltar, e outros cargos do partido, e membros e representantes de colectivos que traballan a prol das políticas de igualdade da muller en Ourense. O acto consistiu na lectura de comunicados e nunha ofrenda floral.
Rosendo Fernández dixo na lectura do seu manifesto que hoxe "cúmprense cen anos desde que se celebrou por primeira vez o Día Internacional da Muller. Mulleres anónimas e famosas foron protagonistas ao longo da historia desa loita pola igualdade, unha loita pola que hoxe saímos ás rúas e ás prazas dos nosos pobos e cidades para convidar e exhortar a todos a dar a cara pola igualdade".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: