Noticias
Blog
Eleccións Xerais 10N: Manuel Baltar reclama para o PP a iniciativa contra a despoboamento “que agora utiliza Sánchez con fins electoralistas”
• O presidente provincial recordou que os populares xa incuíron hai tempo a perspectiva demográfica nos programas e plans dos gobernos provincial e autonómico.
• O número uno ao Senado, Miguel Ángel Viso, advertiu do perigo dun novo bloqueo entre as esquerdas, por iso agora os socialistas piden se deixe gobernar á lista máis votada”.
5, novembro, 2019.
O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, reclamou hoxe para os populares a iniciativa na adopción de medidas que axudan a frear o despoboamento do rural, criticando aos socialistas que “agora se sumen a este carro, como fai Sánchez, só con fins electoralistas”. No mitin celebrado en Verín, coa presenza do presidente da xunta local, Juan Manuel Jiménez; Ethel Vázquez, membro da xunta directiva do PPdeG; e Miguel Ángel Viso, número uno ao Senado, o presidente provincial defendeu que “o Partido Popular sempre demostrou que o rural nos preocupa, pero sobre todo nos ocupa”.
Manuel Baltar referiuse ao anuncio de Sánchez de crear un ministerio para loitar contra o despoboamento, “cando o PP xa incluíu hai tempo a perspectiva demográfica nas súas políticas”. Entre elas citou os programas e plans que pon en marcha a Deputación de Ourense, onde o despoboamento está presente en todas as bases de axudas e subvencións, “ademais de crear un área para o reto demográfico e impulsar un Observatorio do Medio Rural”.
E non só a Deputación, puntualizou, senón tamén o decidido impulso económico e social que ven de facer desde hai anos o goberno popular galego para defender o mundo rural, por exemplo incidindo nas rebaixas fiscais, ou todas as medidas que xa incluíu o PP no seu programa para as xerais de abril co fin de atraer e fixar poboación, como favorecer unha potente industria agroalimentaria.
Esta claro, engadiu, que “grazas a este labor continuo dunha formación que naceu, coñece e defende o rural, todos os partidos nacionais saben que temos un problema de despoboamento e que o mundo urbano non pode sobrevivir sen o rural”.
MIGUEL ÁNGEL VISO: “A SENSACIÓN DUN NOVO BLOQUEO ENTRE AS ESQUERDAS ESTÁ CADA VEZ MÁIS PRESENTE”.
O número uno da lista popular ao Senado, Miguel Ángel Viso, afirmou entre tanto que os socialistas comezan a estar moi preocupados polo resultado que salga das urnas o próximo domingo. “A sensación dun novo bloqueo entre as esquerdas está cada vez máis presente, por iso agora xa falan menos de abstención para favorecer a investidura de Sánchez e insisten en deixar que goberne a lista máis votada”.
Se agora se suman á loita contra o despoboamento, como dixo o presidente provincial, apuntou Viso, “agora tamén se suman a unha iniciativa que o Partido Popular xa leva moitos anos reivindicando, precisamente para evitar bloqueos e que se goberne coa chantaxe de grupos independentistas e herdeiros do terrorismo etarra”.