Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Xerais 10N: Manuel Baltar: “cada voto ao PP será decisivo para que España teña un goberno estable e comprometido con Ourense”

Imprimir ppou - 04-Novembro-2019 - 16:43:51 


• O presidente provincial advertiu hoxe que “non podemos permitir un cuarto bloqueo que nos deixe en mans daqueles que ameazan a convivencia, dos que ignoran a desaceleración económica, que aprazan a chegada do AVE e infraestruturas determinantes para o progreso de Ourense”.

• A cabeza de lista ao Congreso, Ana Vázquez, afirmou que a única baza dos socialistas é dividir o voto “porque non teñen nada que defender, nin xestión que non fixeron nin compromisos porque os incumpriron”.

• Miguel Ángel Viso, número uno ao Senado, destacou a capacidade de xestión do PP, cos orzamentos xa aprobados na Deputación, coas da Xunta presentados no Parlamento e cos de Rajoy aínda vixentes.

4, novembro, 2019.

“A partir do día 11 de novembro poderemos rematar con este mal pesadelo chamado Sánchez, e para iso cada voto ao PP será decisivo para que España teña un goberno estable, activo e, sobre todo, comprometido con Ourense”. O presidente provincial popular, Manuel Baltar, nun mitin en Castro Caldelas, advertiu hoxe do perigo que suporía para Ourense e Galicia a presenza dos socialistas na Moncloa durante catro anos, “porque xa nos demostraron dabondo que non lles importamos”.
  
  
No castelo de Castro Caldelas, acompañado polo membro da xunta directiva do PPdeG, José González, a cabeza de lista ao Congreso, Ana Vázquez, e o portavoz popular neste concello, César Enríquez, o presidente provincial pediu de novo un voto unido en torno ao Partido Popular, “porque non nos podemos permitir un cuarto bloqueo político que nos deixe en mans daqueles que ameazan a convivencia dos españois, dos que ignoran os síntomas dunha desaceleración económica, que aprazan sen rubor a chegada do AVE ou infraestruturas determinantes para o progreso de Ourense”.

Manuel Baltar pediu que o próximo domingo os ourensáns acudan ás urnas “para demostrar que en Ourense e Galicia non falamos, senón que facemos”, poñendo precisamente como exemplo a candidatura da Ribeira Sacra como patrimonio mundial da Unesco, “reactivada en 2013 grazas á iniciativa da Deputación de Ourense e co apoio unánime da comisión de Cultura do Congreso en 2016 pola boa xestión dos nosos representantes en Madrid”.

Así traballa o Partido Popular, engadiu, “procurando con esta declaración importantísimos beneficios para esta zona, sobre todo polo que supón de dinamización desta zona rural e respaldo socioeconómico para os seus habitantes.
 
ANA VÁZQUEZ: “NON PODEMOS PERMITIRNOS TER UN PRESIDENTE QUE CONVIRTA A ESPAÑA NUN PAÍS DE 17 VELOCIDADES E 52 PROGRAMAS ELECTORAIS”.

A cabeza de lista ao Congreso, Ana Vázquez, afirmou pola súa banda que “non podemos permitirnos ter un presidente que convirta a España nun país de 17 velocidades e 52 programas electorais, tantas como comunidades autónomas e provincias, primando os seus intereses partidistas para permanecer a toda costa na Moncloa”.

Sánchez e os socialistas, subliñou, saben que a única oportunidade que teñen o 10 de novembro é restar apoios ao Partido Popular, que xa demostrou sobradamente a súa capacidade de gobernar, “por iso  só pensan en dividir o voto dándolle protagonismo a outras formacións”. Esa é a súa única baza, “porque non teñen nada que defender, nin xestión que non fixeron nin compromisos porque os incumpriron”.

Os ourensáns, engadiu Vázquez, “temos un obxectivo moi claro que alcanzar o próximo domingo: conseguir o terceiro deputado para Ourense, e se o logramos Pablo Casado será presidente dun goberno que nos tratará a todos por igual”. “Xa conseguimos ese obxectivo en xuño de 2016 –lembrou Vázquez- antes de que as ansias de poder dunha persoa que só pensa en si mesma nos instalase nunha permanente campaña electoral”. 

MIGUEL ÁNGEL VISO: “SOMOS EXEMPLO DE XESTIÓN, ALGO IMPOSIBLE DE CONSEGUIR PARA SÁNCHEZ.

Na cea-mitin celebrada no Alto do Couso interveu tamén o número ao Senado, Miguel Ángel Viso, que en clave económica puxo ao PP como exemplo de xestión lembrando que a Deputación de Ourense xa ten os seus orzamentos aprobados para 2020, permitindo que os concellos podan xa planificar as súas contas para o próximo exercicio. 

  
 
Tamén a Xunta de Galicia xa ten presentado o seu proxecto económico no Parlamento, o que permitirá a súa aprobación antes de final de ano, “e en España tamén temos orzamentos, os do goberno popular de Rajoy que aínda seguen vixentes, algo imposible de conseguir para Sánchez, que demostrou cos seus números que Galicia non lle importa nada, quitándonos o 30 % e aumentando o 65 % a Cataluña”.

Máis aínda, dixo, só lle pagan aos galegos 334 millóns de euros do que nos debe o Estado dun total de 700 miilóns, “pero só porque outras comunidades gobernadas polos socialistas tamén puxeron o grito no ceo por non cobrar”.


Suscíbete:
Redes Sociales: