Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Campaña Xerais 10N: Manuel Baltar: “escoller outra opción que non sexa a papeleta do PP é votar a Sánchez”

Imprimir ppou - 04-Novembro-2019 - 16:41:34 


• O presidente provincial afirmou que “imos demostrar que por riba de todo están os intereses de país e os cidadáns, o non unha política partidista”.

• Os populares ourensáns celebraron esta tarde un mitin no Barco de Valdeorras, onde os candidatos Ana Vázquez e Avelino García avogaron por unir o voto de centro dereita, evitar que os socialistas sigan a ignorar a Ourense e que a comarca teña voz propia no Congreso.

3, novembro, 2019.

  
  
O domingo 10 de novembro os ourensáns están chamados ás urnas para contribuír á procura dun goberno estable para España, “por iso desde o Partido Popular estamos a pedirvos o voto, xa que escoller outra opción que non sexa a papeleta do PP significa votar a Sánchez”. O presidente provincial popular, Manuel Baltar, fixo hoxe unha chamada ao “voto intelixente” durante o mitin celebrado esta tarde no teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, no que tamén interviron os candidatos ao Congreso, Ana Vázquez e Avelino García, acompañados polo membro da xunta directiva do PPdeG, Francisco Conde.

Manuel Baltar afirmou que “o día 10 iremos ás urnas coa intención de gañar un goberno do PP para España, e aí estará a comarca de Valdeorras para axudar nese obxectivo”. Unha victoria popular, dixo o presidente provincial, “que vaille demostrar a Sánchez que por riba de todo sempre están os intereses de país e dos cidadáns, e non unha estratexia partidista e de división”. 

Precisamente, advertiu, “iso é o que queren os socialistas, que se divida o voto porque só así teñen posiblidades de gañar”. Un presidente “de oito meses e medio, que non foi quen de conseguir pactar pola súa ansia persoal de poder, todo o contrario que o Partido Popular, que con altura de miras e diante dunha nova situación política soubo pactar na Deputación de Ourense, no Concello de Ourense e mesmo no veciño Concello da Rúa”.
 
ANA VÁZQUEZ: “NECESITAMOS REUNIR TODO O VOTO DE CENTRO DEREITA NUNHA SOA PAPELETA, A DO PARTIDO POPULAR.

  
  
“España, Galicia e Ourense necesitan reunir todo o voto de centro dereita nunha soa papeleta, a do Partido Popular, que xa demostramos sobradamente que somos un partido de goberno”, afirmou pola súa banda a cabeza de lista ao Congreso, Ana Vázquez.

A candidata destacou que “temos moitos desafíos que atender despois de dezaseis meses de inestabilidade, que de seguir así, porque se non botamos a Sánchez seguiremos así, vannos pasar factura como país”. Vázquez puxo como exemplo a falta dun goberno serio e forte que defenda os intereses dos produtos españois fronte á guerra comercial dos Estados Unidos, sinalando o incremento do 25 % nos aranceis que pagarán produtos como o viño, “e vos sabedes ven nesta comarca o que iso significa”, apuntou en referencia ao viño valdeorrés.

AVELINO GARCÍA: VALDEORRAS PODE TER VOZ PROPIA NO CONGRESO

O número tres ao Congreso, Avelino García Ferradal, afirmou entre tanto que o Partido Popular de Ourense “é a única formación política que pode presumir de levar nas súas listas e en postos de saída a un valdeorrés”, agradecendo a confianza que de novo depositou o presidente provincial na súa candidatura.

Valderras, dixo, “pode ter voz propia e directa no Congreso e pelexar por proxectos tan necesarios como a autovía A76 ou mellora da estrada que une A Rúa con A Gudiña para facilitar o acceso a un servizo de altas prestacións como o AVE.


Suscíbete:
Redes Sociales: